Agustín Fernández Paz ven de ser nominado ao premio Memorial Astrid Lindgren 2013, o máis importante do mundo en canto a LIX xunto ao premio Hans Christian Andersen. Son un total de 213 candidatos de 67 países diferentes. Entre os nominados están autores, ilustradores, institucións e promotores literarios.
O gañador coñecerase o vindeiro 26 de marzo en Vimmerby (Suecia), lugar de nacemento de Astrid Lindgren e coincidirá no transcurso da feira do libro infantil de Bologna.
O Premio Memorial Astrid Lindgren, en homenaxe á autora de Pipi Meiasongas, está convoado polo goberno sueco. Dende as súas primeiras edicións acompáñase dunha dotación económica de uns 540.000 euros. Na edición anterior estiveron como finalistas a escritora galega Fina Casladerrey e o ilustrador Miguelanxo Prado.