Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Universo Pitágoras (Biblos) de Rocio Leira Castro

Rate this item
(7 votes)

 Non sempre a aprendizaxe para as nenas ou os nenos da casa debe esixir denodados esforzos e tempo. As veces somos proclives a colocar como antónimas as palabras aprender e coñecer coas palabras divertido, ameno, entretemento ou riso. E aínda menos se ás palabras anteriormente citadas engadimos as palabras aventura, lectura e xogo. Por sorte, Rocío Leira Castro, matemática de profesión e escritora de longa traxectoria, demóstranos neste Universo Pitágoras (Biblos) que todo o anterior pode ir da man, conxugando matemáticas e aventuras, os números binarios coas adiviñas ou as sumas co xogo.

Velaquí temos un libro de aventuras onde os rapaces poderán ver, dende outro prisma, o mundo das matemáticas. Leira Castro nos ofrece en Universo Pitágoras unha orixinal proposta que levará ao lector a vivir unha apaixonante aventura con Xiana quen, a través da súa intuición e enxeño, deberá de resolver todas as probas que se lle poñen diante para ser quen de volver a súa casa.

Unha primeira achega de Rocio Leira Castro á literatura infantil e que desexamos non sexa a última, xa que demostra ter neste Universo Pitágoras a conexión co lector que a levou a obter tantos e tantos premios literarios ao longo da xeografía galega.

 

 


 

É doado ver o nome de Rocío Leira a carón de moitos dos premios literarios do país, tanto en narrativa como en poesía. Velaí temos o Ánxel Fole de narración curta, o Vila de Negreira ou o Díaz Jácome de Poesía, entre un longo etcétera. Sen embargo, para a súa primeira publicación en solitario aposta por un libro infantoxuvenil.

É certo que ata o de agora todo o que levaba escrito era literatura para adultos e, ata este libro, non tratara con anterioridade a literatura infantil. Eu era das que pensaba que era unha literatura doada de facer, sinxela, que non tiña moitas complicacións… ata que escribín Universo Pitágoras. Os nenos son uns lectores moi esixentes e no momento no que tes que enfrontarte a un libro destas características e para este público, decátaste de que é unha tarefa dunha gran complexidade.

 

Vostede procede do mundo das matemáticas, una ciencia que estará como trasfondo da aventura que vive Xiana, a nena protagonista de Universo Pitágoras. Teño para min que estamos ante un libro para achegar a literatura a rapaces amantes das matemáticas pero que tamén é un libro para levar as matemáticas a rapaces amantes da literatura.

Eu creo que Universo Pitágoras está pensado un pouquiño máis para eses rapaces que non gustan das matemáticas. O libro pretende ofrecer unha visión máis amena desta materia, considerada polo xeral como fría, complicada e complexa por algúns rapaces. Con Universo Pitágoras o que se quere mostrar é que as matemáticas non teñen por que ser tan ariscas como algúns imaxinan. O libro está formulado de modo que conxugue un pouco de aventura, un pouco de fantasía e por suposto unha compoñente didáctica das matemáticas. Ao longo dos capítulos do libro irán aparecendo os números primos, os números binarios; e como o libro está pensado como un xogo, están as adiviñas matemáticas que hai que ir resolvendo. Creo que en conxunto pode axudar a que os nenos e as nenas cambien a perspectiva que teñen das matemáticas.

 

Aprendizaxe, xogo, humor, lectura. Foi doado para vostede conxugar todos estes elementos en Universo Pitágoras?

A parte máis didáctica do libro foi a máis doada por mor do meu traballo, xa que estou en contacto diario co mundo das matemáticas. Por outra banda, levo escribindo dende hai moitos anos, non para un público infantil, pero si para adultos.

O que si houbo neste libro foi un chisquiño de maxia para amalgamalo todo; logo o lector dirá como quedou a mestura, pero creo que é unha proposta moi completa. Completa e novidosa, no senso de que as matemáticas e a lóxica non foron moi tratadas no eido da literatura galega. Dende esa perspectiva este libro pode resultar orixinal.

 

Os números capicúas, os paradoxos, as adiviñas … Son elementos que irán aparecendo no transcurso da lectura. Hoxe en día, cando parece que se educa aos nenos para que deixen de ser nenos e se convertan en adultos. Apréndese máis xogando que estudando?.

As nocións matemáticas que aparecen neste libro son moi light, pero coido que son conceptos que cando os presentas dunha forma amena, como se fose un xogo, mediante unha aventura ou unha proba, onde os acontecementos que xorden no proceso de lectura non deixan de ser desafíos para os propios rapaces, creo que dese xeito as matemáticas poden asimilarse mellor e velas dende outra perspectiva. Unha parte da finalidade deste libro é demostrar que se pode ensinar as matemáticas dende outro punto de vista.

 

Cal é a importancia deste tipo de libros para esa posterior aprendizaxe, máis académica, que recibirán na escola?

Eu destacaría a parte do xogo e da lóxica. Non hai que esquecer que as matemáticas -ao igual que a literatura- son abstracción. Permítenche acceder a mundos que non ves na realidade. Este libro vaite permitir imaxinar mundos novos, mundos numéricos, que poden axudar a desenvolver a lóxica do rapaz. Se dende pequeno vas potenciando a súa imaxinación, pero tamén a reflexión, serviralle logo de apoio nunha escola onde a educación é máis estrita e autómata, onde parece que o importante é inculcar conceptos en lugar de que estes sexan asimilados polo neno.

 

As matemáticas son parte do desenvolvemento cultural da humanidade. Onde cre vostede que falla o aprendizaxe das matemáticas?

Como comentei na pregunta anterior, as matemáticas esixen unha grande capacidade de abstracción. Onde falla? Seguramente en parte sexa culpa nosa, dos docentes, de non saber inculcar nos rapaces a importancia das matemáticas e mostralas, ademais, dende o punto de vista que os alumnos precisan. Creo que ese problema latexa dende os primeiros niveis educativos e vaise arrastrando ao longo dos cursos. Na miña opinión deberíamos partir dende ese punto, dende a necesidade de transmitir aos rapaces a importancia das matemáticas, incluso antes de inculcarlles conceptos algún.

Logo está que as matemáticas esixen moita concentración. Deben asimilarse a modo. Sen embargo, os centros educativos marcan un programa que hai que cumprir e polo normal non se convida á reflexión. Ao final creo que é un cúmulo de cousas.

 

Matemática e escritora. Fuxindo da artificiosa dicotomía entre ciencias e letras, en que sentido se retroalimenta no seu caso a unha da outra?

Para min están en planos diferentes. As matemáticas apaixónanme e por sorte son o meu modo de vida. A literatura é a miña válvula de escape dende hai moitos anos. Creo que son moi parecidas no senso de que as dúas xorden dunha reflexión: No caso das matemáticas para observar os aspectos físicos que nos rodean e poder representalo mediante teoremas; e no caso da literatura o escritor ten que reflexionar sobre o que ocorre ao seu redor, mirar o mundo con ollos críticos, para logo poder plasmalo na súa obra.

Ao longo da historia houbo moitos escritores que se dedicaron á escritura. Un dos máis coñecidos seguramente sexa Lewis Carroll, o autor de Alicia no País das Marabillas, ou o poeta Nicanor Parra. Pero tamén dáse o caso contrario, onde autores como Borges empregaron nas súas obras moitos conceptos matemáticos. Hai unha conexión entre as dúas disciplinas e, como vemos, tiveron unha relación moi interesante.

 

Contou vostede para este libro coas ilustracións dun dos ilustradores máis recoñecidos do país. Como foi traballar con Xosé Tomás?

Xosé Tomás fixo un traballo excelente en Universo Pitágoras. Non foi un traballo man a man pero captou á perfección a esencia do libro.

Non tivera anteriormente a oportunidade de traballar con el pero si tiña sona de ser un dos mellores ilustradores. Foi sensacional, cada vez que recibía unha nova ilustración sentía que encaixaba totalmente no que eu pensaba.

 


 

Santiago de Compostela. Maio, 2013

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!