Dende o 2007, e contra finais do ano, pedimos a colaboración de lectoras e lectores para configurar entre todos os nosos gustos e preferencias literarias do ano que remata. Durante varias semanas abrimos unha enquisa para votar o que foi, para cada un de nós, o mellor nas diferentes categorías que propoñemos.
Ao longo destes anos abrimos o abano de categorías, intentando abranguer todos os aspectos vencellados á literatura e ao mundo do libro.
Este é un premio das lectores e dos lectores. Grazas a todas elas podemos confeccionar as listaxes estes anos. Podes ver quen foron os gañadores destes anos premendo en cada un deles.
NOTA: Co cambio de web estamos actualizando os contidos desta sección, que irán aparecendo nos vindeiros días. Pedimos desculpas polas molestias.
Os mellores do...
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007