Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Categoría: Ensaio e investigación
Editor: Ouvirmos
Páxinas: 188
Prezo: 35 €
Rango de idade: Adultos
Ano: 2015
 
MaloMoi bo 

Sinopse

Este libro recolle a historia completa do coro lucense Cántigas e Aturuxos (1915-1948). Unha crónica reconstruída a través do libro de actas, os seus discos de gramófono orixinais e unha exhaustiva recompilación de todas as reseñas que sobre Cántigas se fixeron na prensa e literatura da época. Inclúe ademais un CD con vinte temas que recuperan os primeiros rexistros sonoros do coro no ano 1918, entre os que se inclúe a súa histórica gravación do Himno Galego.

A obra, que forma parte da colección A Tiracolo, non segue o modelo convencional desta serie, senón que aposta por un libro de maior formato e chega até as 188 páxinas de contido.

“Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918” é a primeira achega dunha certa extensión que se realiza sobre o coro lucense. Apenas se teñen publicado algunhas referencias nalgúns libros xerais dedicados aos coros galegos e algunhas estampas incluídas esporadicamente por escritores lucenses nalgúns dos seus libros. A ausencia de estudos previos sobre os coros lucenses nacidos antes da guerra civil, coa excepción do Orfeón Gallego de Xoán Montes, estendeu un manto de esquecemento tanto sobre Cántigas e Aturuxos, como sobre o coro Frores e Silveiras ou sobre a Coral Polifónica de Lugo do mestre Sariñena.

A necesidade de recuperar a historia musical lucense é cando menos urxente e este libro-disco vén a solventar esta eiva con dous obxectivos concretos: sacar á luz pública as primeiras gravacións lucenses da historia rexistradas no ano 1918 e resituar a Cántigas e Aturuxos dentro da historia da cidade no lugar que lle corresponde.

A participación do coro nos actos culturais lucenses máis importantes da época, como as primeiras conferencias do Grupo Ronsel, a recadación para a construción do Hospital de Santa María ou a Asemblea Nazonalista de 1918, a gravación do Himno Galego en 1918 e as súas diversas viaxes, permiten comprobar a importancia do noso coro na historia e son algúns dos temas tratados de maneira exhaustiva a través dos 17 capítulos que compoñen esta crónica histórica.

Moitos nomes coñecidos cruzáronse dunha ou doutra maneira no camiño da historia de Cántigas e Aturuxos. O gravador Manuel Castro Gil, Xesús Bal y Gay, o agrarista Basilio Álvarez, presidente de honra, como tamén o foi o político conservador Calvo Sotelo. Tamén escritores como Correa Calderón, Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez, Trapero Pardo ou Sofía Casanova. Todos eles aparecen na obra pola súa vinculación directa ou indirecta con este coro lucense que entrou na historia de Galicia.

 

CD

O disco que acompaña o libro inclúe 20 temas, entre os que figuran os primeiros rexistros lucenses do ano 1918 e, por suposto, a primeira gravación do Himno Galego.

Estas cancións foron comercializadas na época en discos de gramófono de 78 rpm, agora restaurados e dixitalizados para este traballo editorial.

As gravacións orixinais foron realizadas en dúas datas diferentes. O primeiro rexistro produciuse no ano 1918 para a “Compañía del Gramófono” e o segundo tivo lugar durante as festas do San Froilán, o 4 de outubro de 1928. Esta gravación foi realizada nos salóns da Deputación provincial lucense, aos que se desprazou un equipo da Casa Odeón de Barcelona, dirixido polo enxeñeiro Sr. Rabassa.

 

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!