Print this page

Últimas novidades

Coraxe

Coraxe

by V.V.A.A.

“O mundo que habitarán e contribuirán a crear as adolescentes non podemos controlalo. Mais se puidésemos darlles un amuleto para que o levasen no peto, ese amuleto sería a coraxe. E por iso, no canto dunha espada –ou dunha estrada de ladrillos amarelos–, dámoslles un libro.” Esta escolma de poemas saídos...


O último festi

O último festi

by Fernando Llorente

Katia, Lore, Manu e Breixo están no seu último verán antes de irse a diferentes universidades. Para despedirse deciden acudir ao ARMADIÑA ROCK e vivir unha fin de semana chea de moita caña. Pero o plan non sae ben, Katia pérdese e non atopa aos seus amigos. Conseguirán reencontrarse e poder vivir...


As mil vidas de Dorotea

As mil vidas de Dorotea

by Lorena Conde

Nenas e nenos! Señoras e señores!  Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos.  Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”.  Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e, ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena,...


O enigma do baúl pechado

O enigma do baúl pechado

by Xosé A. Neira Cruz

Entre o lixo dun vertedoiro, Max atopa un enigmático baúl pechado. Sen saber que hai no seu interior, está seguro de que garda algo que desexa coÒecer. Pero conseguir iso È moi difÌcil. Non hai forma de abrir o baúl. Ademais, o misterioso obxecto pasou a formar parte das posesión...


Patio de luces

Patio de luces

by Érica Esmorís

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae...


As probas do mago

As probas do mago

by Vanesa Santiago Vázquez

Fuco descobre que a súa avoa , Rosalía , é unha poderosa meiga do Courel cando aparece na súa vida o vello druída Roque Dúasaugas . O druída está convencido de que Fuco se pode converter no seu aprendiz e chegar a ser un gran mago . Iso si ,...


Os animais de Fraguas

Os animais de Fraguas

by Antonio Fraguas

Os Animais de Fraguas recolle o diálogo entre o texto de Antonio Fraguas Fraguas e as imaxes de Miguelanxo Prado , arredor da extraordinaria importancia da presenza e das crenzas sobre os animais na cultura tradicional galega .  O libro recupera un texto inacabado e ata agora inédito de Antonio Fraguas...


Extra!

Extra!

by Paco Nogueiras

«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O autor volve...


A varicela de Laura

A varicela de Laura

by Xavier Frías Conde

Laura cae doente. Varicela! Mais iso non é o máis estraño que lle acontece no seu cuarto. A varicela de Laura é un conto infantil cheo de tenrura. Ós ollos de Laura, todo ten un sentido máis inocente, incluso estando con varicela.


Grandes receitas do raposo Rufo

Grandes receitas do raposo Rufo

by Dani Viéitez

Grandes receitas continúa o camiño que comezou o raposo Rufo con Receitas cativas. O principal cometido é achegar, unha vez máis, a nenos e nenas á cociña. Involucralos na elaboración dos pratos que, de seguro, despois comerán con máis gusto. Tamén buscamos conciencialos da importancia dunha alimentación sa e equilibrada. Para elo elaboramos...