Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Fálase moito de cidades tecnolóxicas, intelixentes, da dixitalización desas cidades... pero moitas veces esquecemos o valor máis importante das mesmas: os cidadáns. As mulleres e os homes que viven nelas, que pasean, que outorgan a vida a esas cidades. E sobre todo, que as singularizan. A historia dunha cidade non se escribe só cos seus personaxes ilustres. Van ser os personaxes populares quen seguramente dean a dimensión real desa aldea, vila ou cidade nunha determinada época. E isto é o que fai Xosé Luís Bernal, Farruco, en Eles e máis eu, unha biografía íntima e colectiva de máis de 30…
Recibir o sábado totalmente derreado logo dunha longa semana. Traballo, familia, unha viaxe esgotadora, celebracións, uns longos na piscina, as horas a deshora diante do ordenador, actividades do máis variado... E velaí está. O sábado. Non é que o sábado sexa o mellor día para descansar, porque a fin de semana tamén ten os seus propios rituais e rutinas, pero si que é máis doado atopar un par de horas libres para estomballarte nunha cadeira, sofá ou cama e dedicarlle un tempiño á lectura. Cando “gozo” dunha destas semanas tendo a cabeza en mil e unha cousa, gusto de relaxarme…
Recibimos como unha agradable sorpresa o novo deseño da colección de Narrativa de Xerais. Tras moitos anos (quizais demasiados) afeitos a esas capas asalmoadas, Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco e Infamia, de Ledicia Costas, inauguran unha nova etapa no apartado visual da colección na que atopamos detrás a Manuel Martínez / Elemental. Vemos un formato un pouco máis grande que o deseño anterior, elegante polo menos nos primeiros títulos, eses dous xa mencionados máis os que seguen na colección Narrativa: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz; e esa obra de arte que é a…
Mércores, 19 Marzo 2014 09:25

A propósito de Sendak

  Quero que Sendak ilustre os meus soños. Sería quen de intercambiar anacos desta inútil experiencia que atesoura unha cabeza tinguida de canas por unhas migallas da doce inxenuidade dun neno; e poder durmir e voar e pasear e compartir cos personaxes de Maurice Sendak os escenarios imaxinados polo xenial artista neoirquino. Unha das grandes e recoñecidas influencias na obra de Sendak era Walt Disney, quen afirmaba que non se durme para descansar, senón que hai que durmir para poder soñar; daquela, cando o albor do soño se alimenta co ronsel dun fugaz espellismo, precisamos da ilusión, da fantasía para…
Luns, 24 Setembro 2012 20:47

Cando digo literatura, sáeme Celanova

Dende sempre admirei a creación e a difusión cultural que se realiza a nivel local ou comarcal. Artéllanse pezas de puzzle que nos permiten gozar da diversidade, que se abren para nos ofrecer unha visión global. Un convite á amatoria das pequenas cousas; esas ás que achegamos delicadamente a punta dos dedos co temor de que se evaporen ao contacto máis ínfimo. Na literatura tamén temos esa fragmentación, que conforman unha especie de orde dentro do caos. Son diminutos anacos, que ou ben son nosos ou facémolos nosos ao mergullarnos nas súas palabras, tecendo unha complicidade dende a curiosidade e…
Luns, 08 Xuño 2009 15:33

Urueña

Conducía de volta a casa pola A6. Lembrei uns versos de Machado e sentinme Caín atravesando a meseta... e a día de hoxe non sei moi ben se foi un soño ou se foi real... Conducía de volta a casa pola A6. Lembrei uns versos de Machado e sentinme Caín atravesando a meseta... e ao capelexar un par de veces, como acordando dun soño, atopeime de súpeto andando baixo o limiar dunha fermosa vila amurallada, encravada entre o todo e a nada dunha agora verdecente Terra da Campos. Rúas empedradas baixo o ardente sol de Castela -moi preto de onde…
Segundo o último padrón municipal do Instituto Nacional de Estatística a poboación de Galicia diminuirá, na vindeira década, en máis de trinta mil habitantes. Outro dato significativo é que case o dez por cento dos habitantes serán maiores de 75 anos. Galicia, senón varían estas expectativas, será un país envellecido e, como advirte Xosé Manuel Sarille* en El Correo Gallego, está abocada a se “empequenecer”. Unha perda de habitantes, co conseguinte detrimento do número de falantes, implicaría que a lingua, a cultura, o país, esvaecerían e minguarían. Converterase deste xeito nunha loita pola supervivencia da identidade, xa de por si…
Mércores, 21 Novembro 2007 14:15

Boris Vian e os monstros da razón

Sempre é de agradecer que teñamos acceso á mellor literatura foránea, e en esas anda a editora viguesa Factoría K coa colección Libros de altura, unha nova andaina de narrativa de adultos que se estrea cos títulos de dous escritores franceses: O señor Ibrahim e as flores do Corán, de Eric-Emmanuel Schmitt e Cuspirei sobre as vosas tumbas, de Boris Vian. A obra deste último, escrita baixo o pseudónimo de Vernon Sullivan, foi censurada por ofensa á moral e ós bos costumes nunha Francia post-segunda guerra mundial. Boris Vian foi un escritor maldito, prohibido. Ata a súa morte non se lle recoñeceron tódolos…
Luns, 01 Outubro 2007 15:12

Non quero volver a unha biblioteca

Non quero volver a unha biblioteca. Estou cansado de vagar neses almacéns cheos de libros. Dáme moita pereza devolver un libro con este sol tan radiante sobre a miña cabeza e moito menos quero ir buscar ese libriño de poemas tan bonitos con estes chuzos que están caendo. Quero que se borren do mapa todas as bibliotecas. Non, non, non. Non quero volver a unha biblioteca nunca máis. Quero borrar a palabra biblioteca do diccionario, quero modificala, estirala, golpeala. Quero transformar a biblioteca, non quero catro paredes con andeis cheos de libros. Quero transformala, quero ler un libro e tomar…
Luns, 16 Xullo 2007 15:06

En Galicia vívese do conto

Teño nas miñas máns o último libro de Miguel-Anxo Murado, O soño da febre, que precisamente presentou a semana pasada na Fundación Torrente Ballester de Compostela. Tamén estou á espera de conseguir a última novidade da Editorial Alvarellos, Madia Leva!, do lugués Antón Grande, que conta cunha das mellores portadas –cortesía de Quique Bordell- que teño visto en moito tempo. Ou o Ratas en Manhatan de Francisco Álvarez ou Em tránsito de Raquel Miragaia. Galicia é unha terra onde sempre se cultivou o conto ou o relato curto. Poden ser as longas noites ao carón da lareira ou diante dun licor café e unha baralla de…

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
28
Data : 28/09/2018
29
Data : 29/09/2018

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!