Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Rosalía de Castro, Castelao, Luísa Villata e Manuel Antonio son figuras destacadas da cultura galega e tamén algúns dos persoeiros que se poden atopar no Álbum de Galicia. O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou o pasado xoves este proxecto que pon na rede a biografía de 504 figuras representativas da cultura galega xa finadas, acompañada de 1846 fotografías e 1392 documentos. O Álbum de Galicia é unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos da cultura galega, desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O obxectivo deste proxecto é visibilizar e contextualizar…
Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, é a obra gañadora da XXVI edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que convoca o concello do Grove. Despois de deliberar, o xurado, composto por Armando Requeixo, Mario Requeira, Ánxela Gracián, Henrique Dacosta -gañador da pasada edición- e Manuel Bragado -en representación da Edicións Xerais de Galicia-, decidiu declarar gañadora da presente edición a obra titulada Lara e Sabela, presentada baixo o lema Aloia. Esta vixésimo sexta edición foi a que maior participación acadou ata o momento, cun total de vinte orixinais presentados; alén diso, o xurado quixo destacar o considerable incremento…
Mércores, 18 Decembro 2019 22:43

Rosalía de Castro reluce tamén no firmamento

I eres a estrela que brila/ i eres o vento que zoa Rosalía de Castro agora si brillará no firmamento. No día de onte a Unión Astronómica Internacional deu a coñecer os resultados definitivos das campañas “NameExoWorlds” 2019, polas cales máis dun cento de países tiveron oportunidade de poñerlle nome a unha estrela e ao seu exoplaneta. Rosalía Castro dará o seu nome a partires de agora á estrela HD 149143 e Río Sar ao seu exoplaneta HD 149143 b. A estrela Rosalía de Castro é unha anana amarela, semellante ao noso Sol, situada a 240 anos luz, na constelación…
Antón Blanco Casás é o gañador da XXXII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que convoca o Concello de Dodro, polo seu poemario Voz do arqueiro. Así o decidiu por unanimidade o xurado, reunido este sábado na Casa de Cultura, tras valorar “a construción e a sintaxe e xunto cunha escolla léxica moi coidada. Voz do arqueiro posúe unha arquitectura interna coherente”. Coordinado nesta edición por Xabier Castro Martínez, director do Centro PEN Galicia, o xurado estivo composto por Alicia Fernández Rodríguez, Estevo Creus Andrade, Elvira Riveiro Tobío, Xabier Xil Xardón, e presidido Ramón Abuín Gómez, tenente de alcalde…
O historiador Ramón Villares e o escritor Paco Martín recibirán ex aequo o Premio Otero Pedrayo 2019. O Premio ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria deste egrexio intelectual grazas ós traballos que representan unha contribución á cultura galega. Este premio, de ámbito nacional e carácter anual, organízao cada ano unha das catro deputacións do país. O fallo coñeceuse tras a reunión mantida o pasado venres na Sala de Xuntas da Deputación de Lugo, que se encargou de organizar o galardón nesta edición. O Premio Otero Pedrayo recae en dúas persoas por segundo ano consecutivo. En 2018, compartírono a pedagoga…
Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Ángel Mato, alcalde de Ferrol, reuníronse coa finalidade de abordar as diferentes accións que tanto o Concello como a Academia levarán a cabo ao longo do 2020, ano no que Ricardo Carvalho Calero será o homenaxeado no Día Das Letras Galegas. O encontro serviu para empezar a coordinalas e tamén para confirmar que o acto central da programación, o pleno extraordinario que a RAG celebrará o 17 de maio, terá lugar no Teatro Jofre. Previamente, haberá unha recepción oficial da corporación municipal aos académicos. As iniciativas sobre o escritor ferrolán que…
A obra O anxo de Durero, do autor ferrolán Jorge Llorca é a gañadora da vixésima edición do Premio Risco de Creación Literaria, que convocan o Concello de Ourense e a Fundación Risco. Así o acordou o xurado deste certame, que estivo formado por Mario González, concelleiro de Cultura; Luis Martínez Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco; Andrea Fernández Blanco, tradutora; e María Fernández da Costa, profesora de lingua e literatura galegas; actuando como secretaria a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Mónica Fernández Valencia O xurado destaca da obra gañadora “a calidade da linguaxe literaria.…
O centro cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense inaugurou a exposición Pervivencia e actualidade de Eduardo Blanco Amor, unha mostra que amosa intelectualidade, humor e a figura poliédrica do autor que elevou a Auria a cidade literaria. A exposición, organizada pola Fundación Blanco Amor co financiamento da Deputación de Ourense, ofrece retratos e caricaturas de Blanco Amor, realizados por Siro López, e unha colección bibliográfica sobre o autor d'A Esmorga, de máis de 200 volumes, traballo realizado por Carlos Laíño. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen presentou a mostra xunto a Luis González Tosar, Siro e Laíño, dixo…
O poemario A guerra era contra nós, de Carlos da Aira, é a obra gañadora do VIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía que convoca o concello de Fornelos de Montes a Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe. O xurado do premio, formado por Antón Lopo, Mercedes Queixas, Ismael Ramos e Armando Requeixo, actuando como presidente Luís Cochón e con Carmen Carreiro como secretaria, salientou de A guerra era contra nós o admirable dominio do poema en prosa, a forza das imaxes e o tempero na dicción, que conforman un discurso harmónico e de forte equilibrio interno. Tamén estimou da…
Culturgal celébrase dende hoxe venres e ata o 1 de decembro de 2019 Pazo da Cultura de Pontevedra, nun espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais. Unha décimo segunda edición da Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novidoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación... Baixo o lema Dálle unha volta á feira!, Culturgal 2019 presenta como principal novidade a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da feira…
Páxina 9 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!