Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) cumpre 25 anos de existencia. A conmemoración desta efeméride celebrarase coa organización dunha conferencia inaugural, catro xornadas temáticas e unha conferencia de clausura ao longo do ano, nas que se tratará de dar a coñecer ao público: a historia do Centro, a transcendencia da investigación levada a cabo e o recoñecemento da súa centralidade dentro da investigación en humanidades posta de manifesto nos legados de investigadores importantes, dos que o CRPIH é depositario. Hoxe, ás 12.30 h., terá lugar a conferencia inaugural a cargo de Darío Villanueva, Director da Real Academia…
O xardín de Fonseca, situado no edificio que acolle a Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, converteuse nun xardín de “pedras que falan", grazas á colaboración entre o concello compostelán e a USC. Trátase dun proxecto impulsado polo escritor Suso de Toro que se converte agora en realidade. A gran espiral de pedras que lle renderá homenaxe ao feito literario comezou con tres pezas que levan gravados os versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. A inauguración do "Xardín das Pedras que Falan" estivo presidida polo alcalde, Martiño Noriega, e polo reitor en funcións da USC,…
As cidades de Vigo, Porto e Lisboa celebran do 24, 25 e 26 de maio  o VI Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade, que este ano contará cunha homenaxe ao escritor e teólogo Andrés Torres Queiruga. Organizado polo Instituto de filosofia Luso-Brasileira xunto a outras institucións galegas e portuguesas, entre os temas filosóficos que se abordarán nestes IV Coloquios, cabe referir as palestras dedicadas ao ribeirense Torres Queiruga, especialmente a fenomenoloxía da saúdade. Deste xeito, este Coloquio servirá para lle facer unha homenaxe a este gran pensador galego. Ao longo das tres datas do Coloquio pasarán polas diferentes sedes onde se desenvolverá…
No día de onte faleceu en Barcelona o escritor e xornalista Ramón Chao aos 82 anos. Ramón Chao naceu en Vilalba e criouse tocando o piano na fonda que rexentaban os pais, onde adoitaban parar, estando de cacería, Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro. En 1956 emigrou a Francia para estudiar piano cunha bolsa que, segundo confesa, lle axudou a conseguir o seu veciño Manuel Fraga. En París, Ramón Chao dirixiu emisións radiofónicas en galego, que serían prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. Tamén traballou na prensa e na televisión francesas e foi nomeado Cabaleiro das Artes e…
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocou a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, celebrada este sábado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se deron a coñecer as obras gañadoras. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso…
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, presentan mañá sábado día 19 o libro Blasfemias de silencio (de Seraogna aos Balcáns) do ponteareán Alfonso Pexegueiro. Este primeiro libro que se enmarca na colección “Creadores Ponteareáns” que irá vendo a luz para por en valor o traballo creativo de moitos e moitas ponteareás é un poemario testemuño da renovación poética dos setenta que agora poderemos ler en edición revisada e corrixida con introdución e notas de Luciano Fernández Martínez e tres apéndices do propio poeta. Este poemario, Seraogna, que veu a luz en maio…
A AELG, coa colaboración do concello de Pontevedra, organiza unha nova edición de Os Paseos pola Pontevedra literaria, e ven de presentar os roteiros que se desenvolverán entre os meses de maio e xuño. Estas actividades, de balde, precisan de inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 21 de maio. A inscrición por orde de chegada ao correo electrónico. As prazas son limitadas: 50 persoas. Todos os paseos con partida ás 11.30 h. Programa Sábado 26 de maio. Cegoñas…
Martes, 15 Maio 2018 19:24

XXI Feira do Libro Galego de Tui

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo xoves, 17 de maio, a XXI Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Espazo Lector Nobel e Iris . Na pesentación do acto, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, congratulouse da continuidade desta feira e amosou o seu convencemento en que será un éxito nunha xornada para celebrar a lingua, a cultura e o libro. Salientou que “o libro ten moitísima importancia para construír sociedades máis libres, sociedades máis plurais, máis tolerantes” polo que “dende o concello imos seguir apostando polo libro, como un elemento fundamental para facer…
Do 16 o 20 de maio, as Festiletras converterán Ponteceso, e máis concretamente a Aldea do Couto, no gran fervedoiro cultural de Galicia. Con 36 anos de historia, a festa que a vila que veu nacer a Eduardo Pondal celebra arredor do Día das Letras Galegas continúa medrando e innovando con propostas coma Festicencia, a primeira feira científica nun ámbito rural. Personalidades do mundo da ciencia, pero tamén da música, do teatro e, por suposto, das letras, pasarán durante cinco días pola Fundación Eduardo Pondal e a Casa dos Veciños do Couto, centros neurálxicos da celebración. O acto de inauguración terá lugar…
Bochorno, de Charo Pita, é a gañadora do 27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo. O relato de Tiago Alves Costa titulado A porta do Reconhecimento quedou en segundo lugar, mentres que a escritora  Mercedes Leobalde quedou terceira co seu relato Unha praia na Polinesia. O xurado desta edición estivo composto por Begoña Paz, escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Mario Regueira, crítico representante da Asociación Galega da Crítica; Teresa Moure, gañadora da 26ª edición; e Alfredo Ferreiro, coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto. En total tiveron que…
Páxina 5 de 157

Buscar en Novas >

Axenda >

Setembro 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom