Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Hoxe comeza unha nova edición de PoemaRia, un encontro anual de Poesía en Vigo que conta coa presenza dalgunhas voces máis interesantes do panorama editorial contemporáneo en diferentes espazos da cidade. PoemaRia ten coma un dos seus principais obxectivos visibilizar a creación das Mulleres na Poesía. A edición do 2018 desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo en diferentes puntos da cidade. A inauguración terá lugar ás 20.00 h. na Casa Galega da Cultura, cun recital a cargo da galega Dores Tembrás e da cordobesa Elena Medel. Ese será o comezo a unha intensa programación que durante tres días…
A XLIV Feira do Libro de Vigo abriu hoxe as súas portas ao público e durante os seus 10 días de duración celebraranse na Porta do Sol máis de 70 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Sinaturas e presentacións de libros, obradoiros, actuacións musicais e unha especial atención aos máis pequenos atraerán o interese dos lectores cara a esta cita cultural obrigada na cidade. O profesor e exeditor de Xerais Manuel Bragado, foi o pregoeiro desta XLIV edición da Feira do Libro de Vigo, na que participan librarías…
Mestre da vida e mestre de escritores, hoxe deixounos Xabier P. Docampo con tan só 72 anos e moitas viaxes imaxinarias aínda por escribir. Mestre, escritor, pedagogo, creador de mundos, contacontos, promotor e defensor da cultura e da lingua galega, tamén actor e guionista de radio e televisión. Amigo das conversas, do cine. Bo e xeneroso. Humanista. Xabier P. Docampo nace no concello lucense de Rábade no ano 1946. Como escritor, centrou a meirande parte da súa obra na literatura infantil e xuvenil, a quen dedicou máis de trinta obras, recoñecidas moitas delas cos máis importantes premios, como o Rañolas,…
20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de aventuras de Jules Verne con parada na baía de Vigo, foi o título escollido para inaugurar a colección de Lectura Fácil da editorial Galaxia. Cunha adaptación realizada pola Asociación Juan XXIII, que xa leva desenvolvida unha intensa actividade arredor dos clubes de lectura fácil, a creación desta nova colección ten como obxectivo incentivar a lectura en galego entre o público con dificultades lectoras transitorias ou permanentes. A Lectura Fácil diríxese a todos aqueles que teñan problemas para ler, ben porque o galego non é a súa primeira lingua, porque tivo unha alfabetización…
A vindeira semana chegará ás librarías galegas Fariña, o libro de Nacho Carretero sobre o mundo do narco galego na década dos 80 e 90. O libro estivo os últimos meses retirado da venta como medida cautelar pola demanda presentada José Alfredo Bea Gondar, exalcalde do Grove, contra Carretero e a editorial que publicou o libro na súa versión en castelán, Libros del KO, por presuntamente atentar contra o seu “honor”. Esa medida cautelar impediu igualmente que se publicara a súa versión en galego, lista para ser distribuída polo país por edicións Xerais. A Audiencia Provincial de Madrid revoca a…
Pontevedra acollerá esta fin de semana –venres 22, sábado 23 e domingo 24– a segunda edición da Festa dos Libros, organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración con quince librarías da cidade. Durante tres días, a praza da Ferraría converterase nun punto de encontro de escritores e escritoras, libreiros e libreiras, editoriais e amantes da lectura, nun espazo de descubrimento, de curiosidade, de aprendizaxe e de gozo arredor da palabra e dos libros. Os postos das librarías Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Metáfora, Naranjo, Patakafrita, Paz e…
Xoves, 21 Xuño 2018 21:12

Empeza a IV Feira do Libro de Ribeira

Hoxe arrancou a cuarta Feira do Libro de Ribeira, que se desenvolverá ata o domingo 24 de xuño na praza do Concello. Esta edición da Feira do Libro contará con seis stands ademais dunha biblioteca na rúa posta polo Concello. Unha vez máis, a feira terá lugar na praza do Concello cos seguintes horarios: xoves e venres de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. e os sábados e domingos de 12.00 h. a 14.30 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. Os stands participantes son: Libraría Arigató de Ribeira; Libraría Pedreira de Santiago;…
A escritora Ánxela Gracián será a encargada de inaugurar esta tarde a III Feira do Libro de Redondela coa lectura do pregón, a partires das 19.00 h. Será o comezo dun amplo programa de actividades a desenvolver na Alameda redondelá ata o vindeiro domingo día 10 de xuño. Ata Redondela achegaranse estes días escritoras e escritores como Fina Casalderrey, Ledicia Costas, J.M. Ledo ou Beto Luaces, entre outras moitas. Serán catro días de moitas actividades diferentes para promover a lectura entre a cidadanía como presentacións, firmas de libros, contacontos, etc. Todo baixo o lema Ler sen fronteiras, adicado a María Victoria…
Rosario Álvarez Blanco substituirá ao fronte do Consello da Cultura Galega (CCG) a Ramón Villares, tras a finalización do seu mandato. A candidatura de Rosario Álvarez  foi a única presentada para a presidencia do CCG. A nova Presidenta do CCG xa ostentaba a vicepresidencia da institución desde 2010.  No seu discurso de presentación, Rosario Álvarez debullou as liñas estratéxicas da súa candidatura, que definiu como de “continuidade, non continuísmo” e como unha nova etapa que incorporará “novo pulo, novos retos e novos modos” á institución. Álvarez destacou a súa aposta pola xestión participativa e por “explotar ao máximo a fortaleza…
Reunido nas oficinas da sede da Editorial Galaxia en Vigo na tarde de onte, un xurado composto polos dramaturgos Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño a obra A derradeira bala de Fernando Castro Paredes, que se impuxo aos 22 orixinais presentados. O xurado destacou da obra gañadora a habilidade coa que o autor trata temas como o amor e a guerra dunha maneira lúdica e sinxela. Levando a…
Páxina 4 de 158

Buscar en Novas >

Axenda >

Outubro 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom