Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O pasado sábado día 12, ás 22.30 h. na Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora do VI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi carnia haikai, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O xurado estivo formado por Antón Lois Noceda Carballo, Animador Sociocultural do Concello de Malpica e Presidente do xurado do VI Certame de Poesía Erótica “Illas Sisargas”; Francisco Quiroga, Presidente da A.C. Caldeirón, 1º vocal do xurado; e por María Lado, gañadora da edición anterior. Actuou como secretaria do…
Aqui estamos, sobre estes altos cumes, veciños do Ceo/ onde o Profesor Parga Pondal/ como as Walkirias corre e canta/ Mentres, os duros dentes do granito morden,/ famentos, os nosos corpos, /deixando só ceibe e viva a alma /que danza e voa cal Bolboreta. A Asociación Monte Pindo Parque Natural, , organización pola defensa do noso patrimonio, ven de facer público o achado dunha misiva que contén unha poesía inédita e en alemán dos ilustres autores galegos Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, escrita durante unha excursión polo Monte Pindo feita co mítico Seminario de Estudos Galegos no mes de…
Resultante do proxecto Littera, pódese consultar on-line a totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses. O proxecto Littera, edição, atualização e preservação do património literário medieval português, financiado pola Fundação para a Ciência e Tecnologia e dirixido polo Instituto de Estudos Medievais da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, pon a dispor dos investigadores e do público en xeral, a través dunha base de dados, a totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as respectivas imaxes dos manuscritos e aínda a música (ben a medieval, ben as versións ou composicións orixinais contemporáneas que…
Sábado, 12 Novembro 2011 13:59

A marxinalidade na cultura: A homosexualidade

Organizadas pola Fundación Vicente Risco e a Concellería de Cultura de Ourense, terá lugar dos días 29 de novembro ao 2 de decembro as xornadas A marxinalidade na cultura: A homosexualidade. Estas xornadas terán unha forte compoñente literaria. Deste xeito, María Isabel Morán Cabanas falará da homosexualidade nas sátiras medievais galego-portuguesas, mentres que as figuras de Rosalía de Castro, Blanco Amor, de Fermín Bouza Brey ou a escrita queer serán outros dos aspectos a tratar ao longo destes catro días.
Ollos de auga (Galaxia), primeira novela de Domingo Villar, un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos, e publicada en doce países, continúa cos éxitos alén das nosas fronteiras. Se con anterioridade fora finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña, a Academia sueca de Novela Negra (Svenska Deckarakademin) a que a seleccionou entre as cinco finalistas na categoría de mellor novela negra traducida en 2010. O fallo coñecerase o vindeiro 19 de novembro.
Sábado, 05 Novembro 2011 13:58

25 aniversario de Polaroid, de Suso de Toro

Edicións Xerais de Galicia e o IES Rosalía de Castro de Santiago organizan un acto literario para conmemorar o 25 aniversario da publicación de Polaroid, de Suso de Toro. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20.00 h. no Salón de Actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Este acto contará coa participación de Xosé Luís Axeitos, Pepe Barro, nx0woé Manuel Estévez Saá, Rexina Vega, Rosa López Gato, Suso de Toro e Iago Martínez que actuará como moderador. Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos…
Lorena Souto, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago e membro do consello de redacción da revista Dorna, é a gañadora da XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, pola súa obra Fase de trema. O xurado, integrado polas escritoras Rosa Aneiros, Andrea Nunes Brións e Marica Campo, premiaron un traballo que atravesa os límites do persoal cara á construción dunha voz feminina colectiva, que transmite a tensión por non herdar nin transmitir un discurso patriarcal. Fase de trema está construído con grande riqueza metafórica e varios niveis de lectura, permitindo unha achega sinxela pero sen renunciar…
A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á activista e intelectual rexionalista galega María Miramontes (Bergondo, 1895-Bos Aires, 1964) este mes de novembro. Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por…
O Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos,  acolleu unha xuntanza de docentes da Limia con membros do Museo e do Centro de Cultura Popular para coordinar as accións e actividades que desde o verán se foron artellando arredor do décimo cabodano de Carlos Casares, que se cumpre en 2012. Nesa mesma xuntanza estivo a Fundación Carlos Casares como convidada a realizar unha presentación aos asistentes, despois da reunión, o que correu a cargo do director da entidade Gustavo Adolfo Garrido. Dende a Fundación indican que nese encontro, ao que tamén se incorporaron os alcaldes de Vilar de Santos e de Baltar,…
Sábado, 05 Novembro 2011 13:55

Homenaxe a Víctor Campío

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación da publicación Quince sonetos de amor e once poemas máis, unha antoloxía sobre a obra de Víctor Campio que busca contribuír ao recoñecemento da traxectoria literaria do escritor e á difusión da súa poesía. O profesor, escritor e académico Xesús Alonso Montero é o antólogo da obra, que foi promovida pola Xunta de Galicia e pola Deputación Provincial de Ourense. O director xeral do libro, Francisco López, definiu a Víctor Campio como “un extraordinario poeta, que xa ten un lugar na lírica contemporánea exclusivamente coa forza da súa obra”. Tamén…
Páxina 155 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!