Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A Real Academia Galega (RAG) acolleu a visita institucional do conselleiro de Cultura e do secretario xeral de Cultura. Ambos os dous foron recibidos na sede da entidade polo presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, polo seu secretario, Xosé Luís Axeitos; polo tesoureiro, Manuel González González; polo vicesecretario, Francisco Fernández Rei; e polo arquiveiro-bibliotecario, Euloxio Rodríguez Ruibal. No encontro que mantiveron durante a visita, o conselleiro avanzou o compromiso do goberno galego de continuar apoiando en 2012 o labor da RAG. Ademais, presentouse as actuacións que ten previsto levar a cabo a Xunta ao longo deste ano, coa colaboración…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou o pasado sábado día 4 de febreiro a súa Asemblea Xeral de socios/as. No transcurso da mesma aprobouse dedicar a Homenaxe Os Bos e Xenerosos a Francisco Carballo, historiador e mestre de historiadores, promotor de empresas editoras en galego, quen ao longo de máis de corenta anos participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores á realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a cultura e a sociedade galega no seu conxunto; Francisco Carballo súmase así á…
O pasado venres tivo lugar a sinatura de doazón do arquivo de Xosé María Álvarez Blázquez á Fundación Penzol, por parte dos seus fillos e fillas. A doazón consta de 111 carpetas que conteñen máis de 2.500 documentos, folletos, retallos de prensa, manuscritos, orixinais mecanografados e coleccións temáticas agrupados en temas como prehistoria e arqueoloxía; literatura galega medieval, dos Anos Escuros e do Rexurdimento, romances impresos en Galicia e unha importante colección do cancioneiro popular; historia de Galicia e de Vigo; filatelia; temas vigueses; toponimia e lingüística; etnografía e folclore; documentación política da transición e da primeira etapa democrática; emigración,…
A Fundación Luís Seoane da Coruña organiza, coincidindo coa homenaxe da que será obxecto o escritor e economista Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) o Día das Letras Galegas do presente ano, unha exposición dedicada á súa obra e á súa traxectoria vital. A mostra estará comisariada por Xosé Díaz Arias de Castro e pretende ofrecer unha visión ampla dun personaxe polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario... e as súas relacións e iniciativas cos máis grandes representantes da cultura galega do século XX: Castelao, Luis Seoane, Vicente Risco, Otero Pedraio, Díaz Pardo, Alexandre Bóveda e un longo etcétera de escritores,…
A pesares da crise económica que estamos a padecer é de agradecer -e moito- o labor que dende algúns concellos e entidades do país desenvolven en prol da cultura. Entre as diferentes achegas que fan están os concursos literarios, ferramenta indispensable para peneirar parte da literatura máis novidosa que producen as creadoras e os creadores.Entre eses concursos literarios que están nestes días abertos os prazos de aceptación de orixinais están dous: un de poesía e outro de relato. O concello de Carral convoca a XV edición do seu concurso de poesía, un dos máis importantes no panorama poético galego. Está…
A concellería de Cultura do concello da Coruña presentou unha nova edición do ciclo Poetas Di(n)versos que, como principal novidade, cambia de sede e pasará a realizarse no Ágora. O cambio de localización non será a única novidade deste ciclo. Esta nova etapa de citas mensuais coa poesía contemporánea dá un paso máis e amplía o seu ámbito para contar con autores internacionais de calquera país do mundo. A cita inaugural terá lugar hoxe ás 20.30 h. na sala polivalente do Ágora e contará coa participación da coruñesa Estíbaliz Espinosa e do xaponés Yasuhiro Yotsumoto. Aconcelleiro da cultura lembrou que…
Ao peche do exercicio 2011, edicións Xerais de Galicia acada os 10.103.409 exemplares vendidos dende a súa fundación en 1979. Das 125 novidades publicadas por Xerais nas distintas coleccións destacaron, entre outras, a novela de Agustín Fernández Paz Non hai noite tan longa, con máis de 3.500 exemplares vendidos e a edición dos contos reunidos de Manuel Rivas no volume O máis estraño, con case 4.000 exemplares. É de salientar o interese que espertou entre os lectores a figura de Lois Pereiro (Letras Galegas 2011). A súa Poesía completa foi un dos libros máis vendidos das novidades publicadas por Xerais.…
A Consellería de Cultura presentou no Consello da Xunta as liñas estratéxicas do Sistema de Bibliotecas de Galicia para o ano 2012, concretamente na Rede de Bibliotecas Públicas e na Biblioteca de Galicia. As actuacións que se propoñen, no marco dun proceso de planificación e promoción bibliotecaria, teñen como obxectivo avanzar na obtención de servizos bibliotecarios de calidade, adaptados ás actuais necesidades culturais, de información, formación e ocio da cidadanía, así como garantir o dereito dos galegos a accederen en condicións de igualdade á cultura, á lectura e ao coñecemento. As liñas estratéxicas para o sistema bibliotecario galego en 2012…
A web especializada en Banda Deseñada Entrecomics fixo público o resultado para escoller os mellores cómics do 2011 entre as súas lectoras e lectores. Entre eses gañadores hai unha importante representación galega, que ofreceron ao longo do ano pasado unha interesantísima produción en canto a banda deseñada se refire. Deste xeito, para os lectores de Entrecómics o mellor cómic publicado o ano pasado foi El héroe, do ourensán David Rubín. En canto á categoría Mellor cómic nacional publicado en catalán, éuscaro ou galego o primeiro posto foi para A man do diaño (Demo), de Brais Rodríguez, quen xa acadara por…
Luns, 06 Febreiro 2012 11:00

Nace o xornal dixital Praza Pública

Tras un par de anos negros para o mundo xornalístico galego, onde desapareceron varios xornais tanto en papel como en dixital, é unha ledicia ver como nacen novos escaparates que fomentan a pluralidade e apoian a lingua do país. Se en breve sairán o proxecto de Sermos Galiza e Dioivo, o pasado 1 de febreiro arrincaba Praza Pública, cunha presentación a xeito de manifesto: A Galicia non lle cómpre o silencio. Para evitar que o silencio encore a Galicia nace Praza Pública, un novo xornal dixital en lingua galega. Aínda está viva a crise da prensa tradicional e a deleiba…
Páxina 148 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!