Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Xoves, 26 Abril 2012 09:55

Benvidos, Sermos Galiza

Praza, Dioivo e agora Sermos Galiza. Nas últimas semanas, ante a deleiba dos medios escritos en galego en soporte tradicional, rexurdiron na rede novos proxectos. O último ven de abrir hoxe as súas portas: Sermos Galiza. Cun deseño moderno e intuitivo, este novo medio de comunicación ofrece seccións diferenciadas, velaí temos: Galiza, Internacional, Cultura, Ciencia, Deportes e Opinión. Sermos Galiza foi consolidándose nos últimos meses como un proceso de construción colectiva para sacar un medio de comunicación libre, crítico e galego, coa finalidade de que Galicia conte con voz propia. Dende o Grupo de Comunicación Sermos Galiza anuncian que a…
O xurado da sexta edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico decidiu por unanimidade outorgar o galardón á obra Poema sinestésico para tres voces e un can, escrita por Eva F. Ferreira. Pola súa banda, o Premio da Audiencia foi para Intercom-baby, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso. O xurado, formado por Evaristo Calvo, actor e director de teatro; Xosé Manuel Pacho Blanco, escritor, gañador da V edición; Camilo Franco, xornalista e crítico de teatro; Roberto Taboada, director artístico do Festival Alt de Vigo; Gloria Ferreiro, xefa de Programas da Radio Galega; e Ana Romaní, directora do “Diario Cultural”,…
Os libreiros de Galicia celebraron a súa gran festa este pasado sábado en Lalín. No transcurso da mesma entregáronse os premios Irmandade do Libro, que este ano chegou a súa vixésimo primeria edición. Estes premios recoñecen o esforzo realizado a prol do libro e a lectura por persoas, colectivos, entidades e institucións, tanto públicas, como privadas, en Galicia. Os premios convocados corresponden ás seguintes modalidades: Centros de Ensino, Libro do Ano 2011, Obra Editorial do Ano 2011, Autor, Institución, Fomento da Lectura e Libraría. Só se coñecía de antemán o nome do gañador na categoría de Autor, que este ano…
Soria acolleu o pasado venres o ditame do xurado dos Premios Nacionais da Crítica Española, concedidos anualmente pola Asociación Nacional da Crítica Literaria e que son os únicos que premian as obras editadas nas catro linguas cooficiais do estado (galego, catalán, éuscaro e castelán) durante o ano anterior. En representación da Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, estivo Laura Caaveiro, quen anunciou os galardoados de 2011 en lingua galega. En Poesía premiouse o traballo de Olga Novo Cráter, publicado en Toxosoutos. Pola súa banda, no apartado de narrativa o premio foi para Laura no…
O concello de Boborás acolleu o XXVII premio Antón Losada Diéguez, onde se premian e salientan obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e ensaio e investigación. O xurado, presidido polo propio alcalde de Boborás, estivo composto por representantes da Real Academia Galega, do Consello da Cultura, das tres universidades, da Deputación Provincial de Ourense, do Museo do Pobo e do Concello do Carballiño. Xesús Alonso Montero recibiu por unanimidade o galardón de "Ensaio e Investigación" pola súa obra Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil…
Luns, 23 Abril 2012 13:38

Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro

A Consellería de Cultura pon en marcha a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro, unha iniciativa que ten como obxectivo difundir e poñer en valor o legado do escritor entre os veciños e veciñas que residen nalgunha das 28 rúas que en Galicia levan o seu nome. Coa finalidade de promover a vida e a obra de autor distribuiranse, nas vivendas de 28 localidades de Galicia, un folleto de dezaseis páxinas con información detallada sobre o autor, presentada de maneira diferente: a vida en formato de fotonovela, unha liña biográfica, información sobre os discos que recollen no mercado os…
Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 24 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina. Todos os beneficios do festival serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas. As entradas saen a só 4 euros (5 o día do concerto) e haberá unha fila cero para os…
A Fundación Fogar de Santa Margarida homenaxea hoxe ao escritor Agustín Fernández Paz nun acto que se celebrará ás 19.30 h. nas instalacións do colexio, situado na Rúa Valle-Inclán, 1-3 da Coruña. Hai que lembrar que por moitos anos Agustín impartiu aulas nesta institución. O profesor Antón Costa dirixirá unha mesa redonda titulada O Fogar e a contribución a renovación pedagóxica onde participarán J. Antonio Vázquez Cabarcos, Andrés García Vilariño, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado, Alfredo Haz Garrido e Vicente Veiga Doldán. Tras esta mesa e para pechar o encontro, terá lugar unha homenaxe e recoñecemento a…
Luns, 23 Abril 2012 12:47

Daniel Landesa faise co Happy Curtis

Un total de 76 traballos participaron no VIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis Happy Curtis. O xurado, formado por Manuel Rico Verea, María Lado, Yolanda Castaño e María nx0woé Castelo Lestón (gañadora da pasada edición), escolleu os traballos gañadores nas dúas categorías (A, para participantes dos 12 aos 18 anos, e B, para 19 aos en diante). Este ano o lema do concurso era: Cóntanos o día máis feliz da túa vida.   Gañadores Categoría A 1º Premio: Ana Uhía Pérez, de Portonovo (O día máis feliz da miña vida). 2º Premio: compartido entre Marta Pita Vidal,…
Vela ahí ven, vela ahí ven avantandoCómaros e corgas, e vales, e cerros.¡Vinde vela, mociños e mozas!¡Saudáina, rapaces e vellos! (Na chegada a Ourense da primeira locomotora. Curros Enríquez)   Ante a remodelación e posta en funcionamento dunha nova estación no barrio ourensán da Ponte, capaz de acoller e servir ao novo ferrocarril de alta velocidade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), por consideralo de xustiza, reivindica que esta leve o nome de Curros Enríquez e que na mesma figuren as estrofas daquel poema co que o escritor saudaba a chegada da modernidade. A AELG acordou…
Páxina 140 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!