Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O Consello da Cultura Galega, coa colaboración das tres universidades galegas, organiza, do 28 de setembro ao 1 de outubro, o Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’. A súa finalidade é servir de foro para o debate académico e o intercambio científico, con especial atención á presentación dos resultados das investigacións en curso sobre Álvaro Cunqueiro. O Congreso pretende ser un punto de encontro entre investigadores, profesores e estudantes da comunidade académica galega, peninsular e internacional, e favorecer o diálogo interdisciplinar e intercultural arredor da obra do mestre mindoniense.   Organizado por Manuel Forcadela (Universidade de Vigo), Teresa López (Universidade da…
Clásicos do Pensamento Universal’ acaba de ser designada como a Mellor Colección nos Premios Nacionais de Edición Universitaria, galardón que sinala os dez mellores libros editados polas universidades españolas en 2010. Promovida dende 2002 pola Universidade de Santiago e a Fundación BBVA e deseñada, editada e producida integramente polo Servizo de Publicacións e a Imprenta Universitaria compostelá, a colección mereceu o galardón pola “coidada edición e pola proxección social e valor cultural que supón verter as obras do pensamento universal á lingua galega”.   Un xurado formado por Juan nx0woé Moreno Navarro, director xeral de Política Universitaria do Ministerio de…
O escritor lucense Fernando Díaz-Castroverde é o novo gañador do Premio de Narrativa Breve Repsol, pola súa obra Microbios e outros paquidermos.   A Editorial Galaxia, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística colaboran coa Fundación Repsol na convocatoria do Premio de Narrativa Breve Repsol, que vén de celebrar a súa quinta edición. O xurado, composto por Dolores Vilavedra, Darío Xohán Cabana, Carlos Lema, Xabier López e Fina Casalderrey, definiu a obra gañadora deste ano como “un libro harmonioso, relacionado cos aforismos” e destacou “o uso da contundencia do…
O escritor, investigador e intelectual Xesús Alonso Montero presentou o pasado martes o seu arquivo literario, que decidíu legar á Deputación de Ourense porque “na súa biblioteca están os mellores arquivos literarios de Galicia”.   O Arquivo Literario de Xesús Alonso Montero está integrado polas súas publicacións, por parte da súa biblioteca e por unha parte importante de inéditos, que inclúe 15 libros seus e entre 15.000 e 20.000 páxinas de textos inéditos de outros autores (Darío Xohan Cabana, Novoneyra…) así como correspondencia cos persoeiros máis relevantes da intelectualidade galega e parte da española. Iste legado inclúe tamén unha parte…
Rinoceronte Editora crea a colección Audiolibros, proxecto novo no ámbito galego xa que non existe unha oferta semellante para o público adulto. O formato dos audiolibros está amplamente difundido en países como Alemaña, Francia e Inglaterra; mais ata o momento non tivo moita difusión en Galicia, por iso esta colección pretende lograr un público fiel a esta modalidade de lectura-escoita.   Esta colección Audiolibros arranca cos títulos: A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; Montedidio, de Erri de Luca; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi; Seda, de Alessandro Baricco; e Skugga-Baldur, de…
O pasado sábado 10 de setembro, e convocado polo Concello do Grove e a Editorial Sotelo Blanco, deuse a coñecer a obra gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2011.  O xurado estivo composto por Armando Requeixo, Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Ánxela Gracián e mais Chelo Suárez, esta última en calidade de gañadora da anterior convocatoria do galardón.   Nesta ocasión o xurado decidiu, por unanimidade, outorgar o premio á novela presentada baixo o título Outono aquí, que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría do narrador, poeta e ensaísta ferrolán Mario Regueira, ben coñecido por…
O xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo–Entidade Local de Morgadáns acordou conceder o premio que recaeu este ano en Calros Solla pola súa obra Holocausto Zacoe.   O xurado do certame, formado por Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Mª Goretti Fariña, Silvia Penas, Miguel Anxo Mouriño, Urbano Esmerode e Carlos Méixome, estes dous últimos con voz pero sen voto, valorou a unidade e a elección temática do orixinal. O libro é unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade do pobo galego. A ironía e o humor son os recursos fundamentais para esquivar o desacougo tráxico que…
O xurado dos Premios ao Fomento da Lectura, que entrega anualmente a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), ven de conceder o primeiro premio, na categoría de Fomento da Lectura en Bibliotecas á Biblioteca Pública do Concello de Verín, por “atopar tanto nos seus obxectivos como na relación de actividades que realiza unha adecuada plasmación de vocación da biblioteca como ferramenta da lectura en pequenos concellos”. O xurado entendeu que a proposta da biblioteca de Verín encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica do servizo público da lectura no medio rural. De…
A Asociación Monte Pindo Parque Natural, baixo a coordinación dos escritores Francisco "Chisco" Fernández Naval e Miro Villar, fai un chamamento aos escritor@s galeg@s para colaborar nun proxecto editorial coa finalidade de publicar unha antoloxía poética, cuxos beneficios económicos serán integramente destinados ás campañas da devandita entidade pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural.   A Asociación Monte Pindo Parque Natural está formada po persoas preocupadas polo medio ambiente, sensibilizadas en protexer o noso patrimonio e que apoian decididamente un troco na xestión dos nosos recursos e a declaración do Monte Pindo como Parque Natural. O Monte Pindo é un dos…
Venres, 09 Setembro 2011 18:26

VI Encontro de Escritoras/es novas/os

A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza, e xa van seis anos, unha nova edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, qie este ano intentará achegarse a ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan.   Da tinta á pegada dixital terá lugar o sábado 17 de setembro na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña e contarase coas intervencións de Tati Mancebo, Antía Otero, Estíbaliz Espinosa, Leo F. Campos, Ana Cibeira, Elvira Riveiro, Mª Xesús Nogueira, Montse Pena Presas e Gaspar Domínguez. Ás 19.00 h. terá lugar un recital con Andrea Nunes, Berta Dávila e…
Páxina 159 de 181

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
10
Data : 10/05/2018
11
Data : 11/05/2018
12
Data : 12/05/2018
15
Data : 15/05/2018
16
Data : 16/05/2018
17
Data : 17/05/2018
31
Data : 31/05/2018

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!