Print this page

Éxito de vendas do libro galego

Rate this item
(0 votes)

Éxito de vendas do libro galego. A editorial Galaxia anuncia novas edicións para os flamantes A praia dos afogados e A cociña de Larpeiros.

No segundo caso do detective Leo Caldas, creado por Domingo Villar, ven de aparecer a quinta edición coa que se superan os 26.000 exemplares vendidos. Un éxito que de seguro se acrecentará co terceiro libro que sairá do prelo nos vindeiros meses.

Pola súa banda, o popular e mediático cociñeiro Benigno Campos vén de de acadar a décima edición do seu libro A cociña de Larpeiros, que leva vendidos 55.000 exemplares en menos de dous anos.