Print this page

XXI Feira do Libro Galego de Tui

Rate this item
(0 votes)

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo xoves, 17 de maio, a XXI Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Espazo Lector Nobel e Iris .

Na pesentación do acto, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, congratulouse da continuidade desta feira e amosou o seu convencemento en que será un éxito nunha xornada para celebrar a lingua, a cultura e o libro. Salientou que “o libro ten moitísima importancia para construír sociedades máis libres, sociedades máis plurais, máis tolerantes” polo que “dende o concello imos seguir apostando polo libro, como un elemento fundamental para facer un Tui mellor”.

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, comezou cunha lembranza para Librería Valverde, que por vez primeira non participará na feira ao pechar as súas portas a finais do ano pasado. A continuación explicou o programa previsto que comezará coa inauguración da feira pola escritora tudense Conchi Regueiro. Ao longo da xornada actuarán o grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas, a Coral Ponte das Febres, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro e a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui. Pero amais Saleta Fernández achegará o contacontos Pan e chocolate, haberá un obradoiro de marcapáxinas, circo de rúa con Pajarito e o espectáculo “A vida tola” e teatro de rúa con Ghazafelhos e a obra “O vendedor de fume”. Coma novidade Eduardo Freiría destacou a presenza na feira dunha das tres bibliotecas móbiles realizadas polo curso de Montaxe de Mobles e elementos de carpintería impartido no Centro Municipal de Formación.  Tamén estarán expostos os maios e paneis informativos sobre a figura de Mª Victoria Moreno realizados polos centros escolares e asociación culturais de Tui.

Pilar Fernández da librería Iris explicou que presentarán as últimas novidades editoriais, a obra e biografías da autora homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno, unha pequena mostra de libros portugueses e as obras do autores tudenses.

Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel sinalou que levarán á feira 500 títulos de 30 editorias destacando a obra “A Nova Nursia” sobre Frai Rosendo Salvado e  Aloianos de Alberto Romer.

Nos quince postos que haberá na feira as librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris , que ofrecerán un 10% de desconto.

 


Programación

11.00 h. - 13.00 h. Emisión especial en directo da Radio Municipal de Tui.

11.00 h.  Acto de apertura a cargo da escritora tudense Conchi Regueiro.

11.10 h. Actuación do grupo de pandereteiras As Dabadía de Caldelas.

11.30 h. Actuación da Coral Polifónica Ponte Das Febres.

12.00 h. Contacontos con Saleta Fernández con “Pan e chocolate”.

13.00 h. Actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.

16.00 h. - 19.00 h. Obradoiro de Marcapáxinas. Inicio cun contacontos do libro falado e en lingua de signos do libro “A festa no faiado” de Mª Victoria Moreno.

17.30 h. Actuación do grupo folclórico Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro.

18.30 h. Circo de rúa con Pajarito con “A vida tola”.

19.30 h. Teatro de rá con Teatro Ghazafelhos con “O vendedor de fume”.

20.30 h. Actuación da Coral do Centro Centro Sociocomunitario de Tui