Print this page

Xulio Amigo accede á presidencia do Culturgal

Rate this item
(0 votes)
Xulio Amigo Xulio Amigo Fonte: Culturgal

A directiva da Asociación Culturgal aprobou o relevo na presidencia da mesma co nomeamento de Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia e que xa exerceu o mesmo cargo na Feira. Xulio Amigo releva a Manuel Bragado, presidente de Culturgal desde o ano 2014 e que recentemente deixou por vontade propia a Dirección Xeral de Edicións Xerais.

Culturgal está integrada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Intenet (EGANET). Culturgal celébrase en 2018 do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Xulio Amigo reincorpórase á presidencia con moita ilusión e forzas renovadas, e co convencemento de que o estado de saúde da Feira é excelente. “Nas dez edicións anteriores logramos construír unha marca de enorme valor, atraer e comprometer o público e consolidar un equipo de traballo cualificado e implicado”, sinala.

Desde o recambio na presidencia aprobado en xunta directiva hai unhas semanas, Xulio Amigo traballa co resto das asociacións gremiais no deseño dun modelo estratéxico de Feira a catro anos con obxectivos claros: estabilidade orzamentaria, dixitalización dos procedementos de relación co público, provedores e expositores, apertura da Feira a novos perfís de consumidor cultural e favorecer o diálogo con artistas, creadores e axentes de culturas da contorna. O presidente da Culturgal agarda que ese traballo emprendido sexa xa visible na décimo primeira Culturgal, en 2018.