Print this page

Xoán Abeleira imparte un obradoiro de tradución

Rate this item
(0 votes)

O poeta e tradutor Xoán Abeleira impartirá en Culleredo O trasvase das augas: obradoiro sobre " Tradución e creación". Este obradoiro será enimentemente práctico, e co obxectivo claro de constatar practicamente o feito de que o tradutor é tamén, e sobre todo, un creador.

A partir dos seus máis de trinta anos de experiencia, tanto en galego coma en castelán, o poeta, narrador e tradutor Xoán Abeleira irá poñendo exemplos concretos de todas as clases de problemas cos que pode bater un tradutor-creador de poesía ou de prosa, e das distintas maneiras nas que estes se adoitan e/ou se poden resolver. Asemade, a segunda hora de cada clase estará dedicada a analizar e comentar as traducións que os asistentes ó obradoiro realizarán tanto individual coma colectivamente –xa que ámbalas dúas fórmulas de achegamento á tradución serán abordadas durante o cursiño.

Organizado polo concello de Culleredo, este obradoiro desenvolverase entre os días 15 de novembro ó 3 de xaneiro do 2011 (con posibilidade de prolongación), cun horario de 19 a 21 horas, cun total de 16 horas presenciais, 8 clases de dúas horas de duración, na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” do Pazo de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo). Ten un límite máximo de prazas de 15 alumnos.

Máis información: