Print this page

Xosé Carlos Caneiro gaña o VIII premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego

Rate this item
(0 votes)

O pasado venres tivo lugar o fallo dos premios de xornalismo Francisco Fernández del Riego e Julio Camba, para artigos publicados en galego e en castelán respectivamente.

A VIII edición do Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego foi para Xosé Carlos Caneiro. O autor verinés gañou o premio polo artigo Sumar, Ana, publicado en La Voz de Galicia o 28 de setembro de 2010, a propósito da morte de Ana Kiro.

Pola súa banda, o XXXII edición do Premio de Periodismo Julio Camba concedeuse a Ramón Pernas polo artigo publicado en La Voz de Galicia o 6 de outubro de 2010 titulado El lobo de Cee.

Nesta edición presentáronse un total de 57 artigos, dos que 34 estaban escritos en castelán e 23 en galego. O xurado desta edición estivo formado por Alfredo Conde, Guillermo Brea, Carlos Vale Pérez, Víctor Fernández Freixanes e Manuel Fernández Areal.