Print this page

Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal

Rate this item
(0 votes)

A Pobra do Caramiñal lembra o seu escritor máis ilustre, Ramón María del Valle-Inclán, no mes no que se celebra o aniversario do seu nacemento. A XIX edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, organizadas polo concello da Pobra do Caramiñal e o Museo Valle-Inclán da Pobra, aglutinan unha variada programación cultural para conmemorar o 151º aniversario do escritor, que combina actividades para todos os públicos e idades, como exposicións, presentacións de publicacións, teatro, recitais ou concertos.

As actividades das xornadas deron comezo xa o pasado sábado, coa presentación da edición dun manuscrito inédito de Carlos Luís del Valle-Inclán y Malvido, avó paterno do escritor. Ata o último sábado do mes, cando Quico Cadaval poñerá en escena O rei e o bufón nas Comedias Bárbaras, obras de teatro, monicreces, concertos e homenaxes sucederanse na Pobra do Caramiñal para manter viva a memoria do autor e espertar a curiosidade polas súas obras. 

Máis información: