Print this page

Xerais colga o primeiro capítulo da nova novela de Agustín Fernández Paz

Rate this item
(0 votes)

Xerais ven de publicar no seu web un capítulo da que será a primeira novela de Agustín Fernández Paz que verá a luz nunha colección de adultos, Non hai noite tan longa.

Autor de prestixio internacional, a obra de Fernández Paz centrouse nos últimos vinte anos en producir libros destinados a un público xuvenil e infantil. A súa obra recolleu algúns dos premios e mencións máis importantes en canto a literatura infantil e xuvenil e está traducida a máis de dez idiomas. Agora, con Non hai noite tan longa, cambia de rexistro para ofrecer ao lector a historia do regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra. Non volveu nin sequera para darlle sepultura ao pai, condenado e encarcerado a finais dos sesenta por un delito que non cometeu. A Galicia coa que se atopa en 2002, tras a morte da súa nai, é moi distinta da que deixara en 1970. O que non cambiou foi a ferida que o arredou dos seus e o levou a Francia, aínda sen estiñar. A mala conciencia segue intacta...