Print this page

Xavier Senín, premio estatal polo seu labor como tradutor cara o galego

Rate this item
(0 votes)
Xavier Senín Xavier Senín Foto: AELG

O profesor e tradutor cesurés Xavier Senín foi galardoado co Premio Estatal á Obra dun Tradutor. Este premio, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte do goberno español, ten como obxectivo distinguir o conxunto do labor desenvolvido por un tradutor, sexa cal sexa a lingua ou linguas empregadas no desenvolvemento do seu labor, e que dedicara especial atención á tradución de obras estranxeiras a calquera das linguas do estado español.

O xurado quixo recoñecer a Xavier Senín “pola súa dilatada obra como tradutor ao galego, a partires de obras de grande variedade temática e tipolóxica, que abarca dende clásicos como ‘El Quijote’, a libros de literatura infantil e xuvenil, banda deseñada e obras pertencentes a diferentes xéneros literarios. As súas traducións destacan pola súa calidade e meticulosidad, nas que mostra un coñecemento pouco común das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego”. Á súa vez, “destaca también o seu traballo no fomento da tradución ao galego”. Grazas ao traballo de Senín, podemos ler na nosa lingua a autoras e autores como Hans Christian Andersen, os irmáns Grimm, William Shakespeare, Pierre Loti ou George Sand, entre outros. Xunto a Isabel Soto e Alejandro Tobar, é responsable da tradución dos novos títulos de Asterix de de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.

O xurado do premio estivo presidido por María José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro e Fomento da Lectura e actuando como vicepresidenta Begoña Cerro Prada, subdirectora de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, estivo formado por: Guillermo Rojo Sánchez, pola Real Academia Española; Manuel González González, pola Real Academia Galega; Gotzon Lobera Revilla, pola Euskaltzaindia; Ana Isabel Martín Ferreira, pola Escuela de Traductores de Toledo; Carlos Mayor Ortega, pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE). Sección Autónoma de Traductores; Luis Miguel Pérez Cañada, pola Conferencia de Rectores das Universidades de España (CRUE); Inés María Martín Rodrigo, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) e María Gracia Moreno Celeghin, polo Centro de Estudos de Xénero da UNED.