Print this page

Xabier P. Docampo deixa orfa a LIX galega e universal

Rate this item
(1 Vote)

Mestre da vida e mestre de escritores, hoxe deixounos Xabier P. Docampo con tan só 72 anos e moitas viaxes imaxinarias aínda por escribir.

Mestre, escritor, pedagogo, creador de mundos, contacontos, promotor e defensor da cultura e da lingua galega, tamén actor e guionista de radio e televisión. Amigo das conversas, do cine. Bo e xeneroso. Humanista. Xabier P. Docampo nace no concello lucense de Rábade no ano 1946. Como escritor, centrou a meirande parte da súa obra na literatura infantil e xuvenil, a quen dedicou máis de trinta obras, recoñecidas moitas delas cos máis importantes premios, como o Rañolas, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, White Ravens, premios da AELG, etc... Curiosamente, a súa derradeira obra publicada foi unha novela para adultos, A nena do abrigo de astracán (Xerais), que acadou o premio da Gala das Letras e o Fervenzas Literarias á mellor novela do 2017.

O autor de Cando petan na porta pola noite, O pazo baleiro ou A illa de todas as illas desenvolveu un importante labor pedagóxico, integrándose na renovación educativa da Nova Escola Galega e en Preescolar na Casa.

Admirado e querido a partes iguais, obtivo nos últimos anos recoñecementos á súa gran traxectoria.