Print this page

Xa se coñecen os finalistas dos premios da AELG

Rate this item
(1 Vote)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de facer públicos os nomes dos finalistas dos premios que entregan anualmente no transcurso da tradicional Cea das Letras. Nunha primeira fase os socios e socias da AELG escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2011 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela.

Da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:


Narrativa

Extramunde (Xerais) de Xavier Queipo.

Laura no deserto (Galaxia) de Antón Riveiro Coello.

Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín F. Paz.


Ensaio

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais) de Carlos Callón.

Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe) (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) de Francisco Rodríguez.

Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (Galaxia) de Mercedes Queixas Zas.


Poesía

balea2 (Positivas) de Estevo Creus.

Leopardo son (Espiral Maior) de Pilar Pallarés.

Todas as mulleres que fun (Corsárias) de Andrea Nunes Brións.


Teatro

A función do tequila (Deputación da Coruña) de Manuel Guede.

Chegamos despois a unha terra gris (Xerais) de Raúl Dans.

Fábula galénica (Baía) de Inácio Vilariño.


Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011

Anxo Tarrío

Bieito Iglesias

Iago Martínez

Ramón Chao Rego

Santiago Jaureguizar


Literatura Infanto-Xuvenil

Fantasmas de luz (Xerais) de Agustín Fernández Paz.

Noutra dimensión (Galaxia) de Marica Campo.

O meu gato é un poeta (Xerais) de Fran Alonso.


Tradución

Os trobadores de Occitania (Edicións da Curuxa) de V.V.A.A. e tradución de Darío Xohán Cabana.

Sonetos (Xerais) de Shakespeare e tradución de Ramón Gutiérrez Izquierdo.

Versos escollidos (Positivas) de Wisława Szymborska e tradución de Lucía Caeiro.


Mellor Blog Literario

As crebas, Miro Villar

Caderno da crítica, Ramón Nicolás

Criticalia, Armando Requeixo


Nunha segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos concellos e centros de ensino; e mais o Premio AELG 2012 “Escritor Galego Universal”, outorgado pola Asemblea ao escritor nx0woé Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana; a AELG agarda contar coa súa presenza na Cea das Letras.