Print this page

Víctor F. Freixanes recibe o sábado o recoñecemento dos libreiros como mellor autor do 2010

Rate this item
(0 votes)

O sábado 2 de abril terá lugar en Narón a entrega dos XX Premios Irmandade do Libro, a grande cita anual dos libreiros de Galicia onde entregan os seus galardóns.

Dos sete premios que se entregarán: Centros de ensino, Fomento da lectura, Autor, Libro do ano, Obra editorial, Institucións e Librarías hoxe deuse coñecer o galardon a Víctor F. Freixanes como autor do ano. O escritor pontevedrés regresou o pasado ano á novela tras dezasete anos de silencio con Cabalo de ouros (Galaxia), libro co que está a colleitar magníficas críticas.

O galardón a Freixanes, o único dado a coñecer oficialmente antes da cea do sábado, recoñece non só a súa traxectoria literaria, senón todo o seu percorrido a prol da lingua e da literatura galega.