Print this page

Volven as Noites Golfas á Casa da Lectura de Gondomar

Rate this item
(0 votes)

Tras o éxito do combate poético A Hostia en Verso que inaugurou no mes de abril pasado as Noites Golfas na Casa da Lectura organizadas por Espazo Lectura, o sábado 11 de febreiro ás 22.30 h. a Casa da Lectura (Nogueira 8-Donas) de Gondomar converterase nun cabaret co espectáculo Vida de diva do trío CABRARET: dúas cabras e unha cantante que virá falarnos do seu libro autobiográfico.

Cabraret é un grupo musical formado por unha contralto (Iria Pinheiro), un acordeonista (Alonso Caxade) e un contrabaixista (Alberto Rodríguez). Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música nunha carreira na que a meta é divertir o público e que os espectadores poidan gozar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.