Print this page

Volve a Semana de Novela Negra ao compostelán barrio de San Pedro

Rate this item
(0 votes)

O compostelán barrio de San Pedro será o escenario, entre o sábado 30 de marzo e o domingo 7 de abril, do segundo capítulo da Semana da Novela Negra, unha iniciativa promovida por Libraría Pedreira da capital de Galicia, e que contará cunha serie de actividades arredor deste xénero. Levaranse a cabo coloquios, debates e presentacións, coa presenza de escritoras e escritores de prestixio na literatura galega como Manuel Rivas, Alberto Varela Ferreiro, Manuel Esteban, Bieito Iglesias, Pedro Feijóo ou Domingo Villar, entre outras.

Ao igual que na pasada edición, grazas á colaboración do escritor Héctor Cajaraville, creouse un misterio para resolver quen así o desexe: este ano haberá que anticiparse a alguén que está cometendo unha serie de crimes no barrio cun modus operandi moi específico. Haberá premio para a primeira persoa ou grupo de persoas que o adiviñe, así como sendos sorteos para aquelas que adiviñen a resposta correcta, pero non sexan a primeira, e tamén para o resto de persoas non acertantes Aparte dun lote de libros coa sinatura de autoras/es presentes nesta edición da Semana da Novela Negra.

Nesta segunda edición, xunto á Libraría Pedreira, hai outros 37 establecementos máis do barrio que colaboran nesta actividade de animación comercial. Son: 1000 Metros Cultura de Bar, Acivro Xoias, A Tenda de Carmiña, Barbería Milenio, Cadrado Doce, Café Bar a Esquina, Café Bar Caraveliños, Café Bar Home Santo, Café Bar Inés, Café Bar Oroña, Café Bar Sande (Javichy), Cervexería Merlego, Como Pez en el Agua, Cuadros Asorey, El Taller de Fer, Escola Unitaria, Floristería Embora, Joyería Ricardo, Kinga Haudek, Libraría Chan da Pólvora, Libraría Os Mundos de Carlota, M&M Ópticos, Mercería María Luisa, Mononoke, Óptica M&S, PaneArte Brigitte, QueroTé, Restaurante O Afiador, Restaurante A Moa, Restaurante O Dezaseis, Restaurante TS A Casa, Tabacos Bar, Tapa Tapiña, Tapería 2 Eles, Vermutería O Trasmallo, Triskel Artesanía e XeArte Brigitte. Algúns deles realizarán actividades relacionadas coa novela negra ou de misterio, as cales se irán dando a coñecer a través das redes sociais e outros medios de difusión.

 

Programa

30 de marzo, ás 12.00 h. Sangue na capital de Gallaecia. Ulf de Jakobsland,os viquingos en Galicia de Alberto Varela Ferreiro en edicións Xerais de Galicia e Lucho Penabade.

1 de abril, ás 20.00 h. Que acontece á beira do río Miño?. Bieito Iglesias coa novela Guías caninos na editora Aira.

2 de abril, ás 20.00 h. Negracriminal. Con Manuel Rivas, escritor da novela Vivir sen permiso (Xerais); Belén Regueira, periodista; e Xabier Deive, actor da serie Vivir sen permiso.

3 de abril, ás 20.00 h. A volta do inspector Leo Caldas. Con Domingo Villar, autor de O último barco na editorial Galaxia e Pilar Sampedro.

4 de abril, ás 20.00 h. A tumba aberta!. Sen Piedade de Pedro Feijoo en edicións Xerais de Galicia e Elvira Cienfuegos, profesora e membro do Clube de Lectura de Fontiñas.

5 de abril, ás 20.00 h. O antiheroe. O meu nome é ninguén de Manuel Esteban en Edicións Xerais de Galicia e Pilar Lueiro, profesora.

6 de abril, ás 12.30 h. e ás 17.30 h. Rosalía en Compostela: perseguindo a memoria da choiva. Roteiro con Pedro Feijoo.

7 de abril dende as 12.00 h. Vermú criminal. Vermú de despedida da Semana da Novela Negra. Performance/proxeccións con LIBREDÓN na Unitaria.

As actividades finalizarán o día 7 de abril, ás 12.00 h. na Escola Unitaria, cun fin de festa. Nese momento pecharase o prazo para participar no concurso da resolución da vaga de crimes, con tal vez algún xiro de guión inesperado.

Agás se indique explícitamente o contrario. As presentacións e coloquios deenvolveranse na libraría Pedreira (R/ do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela.