Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Vilalba lembrará a Irmandade da Fala de Lugo nunhas xornadas

Rate this item
(0 votes)

O Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estuos Chairegos, coa colaboración do concello de Vilalba, organizan os días 16 e 17 de novembro as xornadas Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala en Lugo, que se celebrarán na Casa da Cultura de Vilalba.

As xornadas comezarán o venres ás 17.30 h. e proxectarase un audiovisual sobre as Irmandades da Fala. De seguido Ramón Villares pronunciará a conferencia Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala.

Na xornada do sábado, ás 10.30 h. terá lugar a mesa redonda titulada Irmandades da Fala. Lois Peña Novo, na que participan Uxío Breogán Diéguez, Alberte Currás Gato, Emilio Xosé Ínsua e Manuel Roca. A partires das 12.00 h. o grupo Pizzicato Trío realizará unha actuación musical. As xornadas rematarán coa ofrenda oral no monólito conmemorativo da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba en novembro de 2016.

A aparición dun movemento cultural e político de carácter galeguista é unha das grandes novidades da Galicia do primeiro terzo do século XX e un sinal evidente da súa modernización económica e social. Non foi un movemento de masas, como o agrarismo, pero tivo a capacidade de elaborar un novo paradigma cultural, baseado na “regaleguización” de Galicia, en especial da súa lingua e cultura. A construción deste galeguismo realizouse sobre os sólidos piares do rexionalismo de figuras como Murguía e Brañas, e a reactivación da cultura rexional que poetas como Pondal ou Curros e músicos como Pascual Veiga ou Castro “Chané” lograran desde fins do século XIX.

O movemento das Irmandades da Fala nacido en 1916 ten un dos seus fitos fundacionais na Asemblea Nacionalista celebrada na cidade de Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, hai agora un século. Foi alí onde os asistentes acordaron que “nós nomeamos, dende oxe e para sempre, nazonalistas galegos”. Na xuntanza lucense aprobouse o Manifesto ao Pobo Galego, polo que se estabeleceron os principios básicos do nacionalismo galego ata a Guerra Civil, como era a reivindicación da Autonomía integral para Galicia, reformas legais económicas e administrativas e unha posición favorable á federación das nacións ibéricas, nas que Portugal desenvolvía un papel esencial. O entusiasmo da asemblea luguesa hai que situalo, ademais, no preciso contexto histórico de grandes mudanzas da Europa contemporánea: loita irlandesa contra o Reino Unido, revolución soviética e fin da I Guerra Mundial, coa difusión dos 14 principios de W. Wilson, entre os que destacaba o referente á autodeterminación dos pobos. O camiño para o desenvolvemento de movementos nacionalistas de pobos sen Estado parecía preparado, moito máis nunha España que se atopaba entón en profunda crise política cunha monarquía que, en acertada metáfora de Ortega, non era más que un “arco en ruina”. 

Neste contexto, Lois Peña Novo foi un dos principais impulsores das Irmandades da Fala e, desde logo, o máximo estudoso da realidade socioeconómica galega da época. Nado en Vilalba, estudou no Seminario de Mondoñedo e cursou despois Dereito na universidade compostelá, onde coñeceu a Lois Porteiro Garea. As súas primeiras actividades públicas están ligadas ó xornal vilalbés El Ratón. A incorporación plena ao galeguismo de Lois Peña Novo produciuse en 1917, nas campañas rexionalistas inspiradas por Francesc Cambó. Así mesmo, participa na campaña electoral de 1918, na redacción do programa nacionalista que foi aprobado na asemblea de Lugo e publica o proxecto da Mancomunidade Galega que se vería interrompido pola chegada da ditadura de Primo de Rivera (1923).

Máis información:

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!