Print this page

V Encontro literario Cidade da Coruña

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellería de Cultura da Coruña e de CEDRO e a colaboración da Real Academia Galega organizan o V Encontro Literario Cidade da Coruña que, baixo o lema As artes e a literatura, desenvolverase en tres xornadas dende o 11 ao 25 de abril.

Este V Encontro arrancará o 11 de abril cunha xornada dedicada á arte e a literatura, e contarase coas intervencións do ilustrador Miguel Anxo Prado e do poeta Xavier Seoane.

A seguinte data será o 18 de abril, cunha palestra na que intervirán o cineasta Ángel de la Cruz e a tamén cineasta, escritora e académica da RAG Margarida Ledo.

O V Encontro Cidade da Coruña rematará o 25 de abril centrándose noutras dúas artes: música e literatura. Para falarnos sobre isto estarán o compositor e escritor Paulino Pereiro e a musicóloga e editora Margarita Soto Viso.

Estas actividades desenvolveranse no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) ás 20.00 h.