Print this page

Unión d@s escritor@s galeg@s polo Monte Pindo

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Monte Pindo Parque Natural, baixo a coordinación dos escritores Francisco "Chisco" Fernández Naval e Miro Villar, fai un chamamento aos escritor@s galeg@s para colaborar nun proxecto editorial coa finalidade de publicar unha antoloxía poética, cuxos beneficios económicos serán integramente destinados ás campañas da devandita entidade pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural.

 

A Asociación Monte Pindo Parque Natural está formada po persoas preocupadas polo medio ambiente, sensibilizadas en protexer o noso patrimonio e que apoian decididamente un troco na xestión dos nosos recursos e a declaración do Monte Pindo como Parque Natural.

O Monte Pindo é un dos montes máis míticos e coñecidos da Costa da Morte e tamén de Galicia, polas súas raras calidades xeolóxicas, pola presenza de abondosas especies naturais protexidas e únicas, polos mitos e a historia que o rodean, e por ser un dos principais recursos de futuro non só do seu entorno inmediato senón de toda a zona.