Print this page

Unha xornada para analizar o papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional

Rate this item
(0 votes)

Este sábado 2 de decembro celebrarase a II Xornada da Sección de Literatura Dramática da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), titulada O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional.

Ao igual que na edición do pasado ano, a xornada desenvolverase no Quiosco Afonso da cidade da Coruña. Coordinado polo dramaturgo Afonso Becerra de Becerreá, contarase coa presenza de Toni Casares, director artístico da Sala Beckett de Barcelona.

Esta xornada está organizada pola AELG co apoio do concello da Coruña.

 

Programa

12.00 h. A Literatura Dramática galega na actualidade.

Encontro-asemblea das dramaturgas e dramaturgos que forman parte da AELG, así como doutras persoas non pertencentes á AELG que estean interesadas neste ámbito artístico e literario.

18.00 h. O proxecto da Sala Beckett de Barcelona. Obradoiro internacional de dramaturxia e a importancia da autoría teatral nun país como Catalunya.

Clase maxistral a cargo de Toni Casares, director artístico da Sala Beckett de Barcelona.

Aberto a todas as persoas interesadas.