Print this page

Unha xornada no CCG abordará a internacionalización do libro galego

Rate this item
(0 votes)

O futuro do libro galego pasa pola súa proxección exterior. Un sistema literario coma o do noso país, dotado dunha contrastada e premiada calidade, e cunha variedade —ou “biodiversidade”— manifesta, en xéneros, temáticas e formatos editoriais, debe procurar a exportación dos contidos e dialogar dun xeito bilateral con outras culturas. 

En colaboración coa Asociación Galega de Editoras, o Consello da Cultura Galega organiza este mércores 26 de setembro, a partires das 10.00 h., a xornada A internacionalización do libro galego. Esta xornada está dirixida ás empresas editoras que desexen iniciar ou afondar no proceso de proxección exterior e de comercialización.

O obxectivo do encontro é duplo: por unha banda, adquirir información sobre as oportunidades de negocio no exterior a través das principais feiras internacionais e das experiencias de éxito dos gremios e editoras; por outra, establecer contactos con destacados representantes das feiras internacionais do libro coa finalidade de iniciar o proceso de internacionalización.

Para isto, contamos con representantes dalgunhas desas feiras profesionais máis importantes, como son a Frankfurt Book Fair ou o Liber. Participan, así mesmo, as empresas galegas que manteñen presenza internacional e un modelo de negocio tamén fóra do noso país. Canda elas, achegan a súa experiencia representantes da Associació d’Editors en Llengua Catalana ou Flanders Literature.

Un programa, en fin, condensado en dúas sesións e unha soa xornada, organizada pola Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación de Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Galega de Editoras.

Máis información: