Print this page

Unha novela sobre as revoltas estudantís na Compostela dos anos 70 gaña o VII Premio de Novela Curta de Ribeira

Rate this item
(0 votes)

Se anunciabamos hai uns días o premio para Antonio Piñeiro no XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis agora o escritor ribeirense ven de gañar o VII Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira coa obra Celada.

Antonio Tizón, membro do xurado, indicou sobre Celada que estamos ante unha novela que contribúe á recuperación da nosa memoria máis recente, en concreto, a dos últimos aos do franquismo, e faino no marco das revoltas estudantís que se deron en Compostela nos anos 70 do século pasado.

Piñeiro, ademais da cantidade económica estipulada nas bases do premio, verá a súa obra publicada na editorial Xerais.

Con este premio, Antonio Piñeiro suma un novo galardón a unha longa traxectoria de recoñecementos literarios, onde podemos atopar, entre outros, o Avilés de Taramancos, o García Barros, o Manuel Lueiro Rey, ou o Torrente Ballester.