Print this page

Unha novela histórica con Vigo como eixo gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

Rate this item
(0 votes)

O vigués Francisco Javier Fernández Davila ven de gañar o Premio de Novela por Entregas que organiza anualmente o xornal coruñés La Voz de Galicia pola súa obra A senda de sal.

Según podemos ler na web de La Voz de Galicia, a novela gañadora trata sobre “Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios decisivos que viviu na súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan aos anos da Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial, cando en Vigo confluíron algúns sucesos que, malia o seu carácter clandestino, tiveron un impacto histórico considerable.”

Estamos ante a primeira obra de Fernández Davila, que se poderá ler ao longo de todo o mes de agosto, a un capítulo por día, nas páxinas do xornal máis na páxina web. Cada un deses capítulos estará acompañado por unha ilustración de Juan Carlos Abraldes. Co gallo da celebración do 135 aniversario do diario as bases introduciron como valor positivo unha achega literaria de corte histórico, proposta á que a novela gañadora se adaptou de xeito cumprido.