Print this page

Unha colección da USC entre as dez mellores edicións a nivel universitario

Rate this item
(0 votes)

Clásicos do Pensamento Universal’ acaba de ser designada como a Mellor Colección nos Premios Nacionais de Edición Universitaria, galardón que sinala os dez mellores libros editados polas universidades españolas en 2010. Promovida dende 2002 pola Universidade de Santiago e a Fundación BBVA e deseñada, editada e producida integramente polo Servizo de Publicacións e a Imprenta Universitaria compostelá, a colección mereceu o galardón pola “coidada edición e pola proxección social e valor cultural que supón verter as obras do pensamento universal á lingua galega”.

 

Un xurado formado por Juan nx0woé Moreno Navarro, director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación; Francisco Moreno, director da Área Académica do Instituto Cervantes; Madalena Vinent, directora xeral de CEDRO; Branca Berasategui, directora de El cultural (El Mundo); Laura Revuelta, redactora xefe do ABC Cultural (ABC); Amelia Castilla, responsable de Babelia (El País); e Teresa Peces, directora da revista Delibros, foron os encargados de sinalar, entre 104 títulos, as obras gañadoras da XIV edición dos Premios Nacionais de Edición Universitaria.

En opinión do director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, o galardón “recoñece con toda xustiza un impecable labor editorial, a entrega de todo un equipo humano e profesional de natureza absolutamente universitaria e, sobre todo, unha achega histórica á cultura e ao idioma galego”. Blanco Valdés salientou tamén o papel tanto da antiga directora de Publicacións, Marisa Melón, como peza clave no desenvolvemento da colección, como do profesor Darío Villlanueva, en canto director intelectual e científico do proxecto. O responsable de Publicacións tamén agradeceu o “xeneroso mecenado e sensibilidade cultural” da Fundación BBVA, representada no seu director, o profesor Rafael Pardo Avellaneda.