Print this page

Un roteiro vital e cultural polo Val de Medo para homenaxear ao escritor e teólogo Francisco Carballo

Rate this item
(1 Vote)

O domingo 26  novembro celebrarase unha homenaxe a Francisco Carballo, escritor, sacerdote e teólogo finado en Salamanca no ano 2014. Esta homenaxe, que celebra dende hai tres anos a Asociación de Amigos de Francisco Carballo de Maceda, titularase Os lugares de Francisco Carballo, e consistirá nun roteiro vital e cultural polo Val do Medo. Esta homenaxe a Carballo ten como obxectivo seguir vindicando as súas pisadas, a súa memoria e o seu legado dende a súa terra de orixe.

O roteiro sairá ás 11.00 h. no Santuario dos Milagres e ten unha duración aproximada de tres horas. Estará dirixido por Santiago Prol e, para quen queira, haberá ao final do roteiro un xantar de confraternidade no restaurante Castillo de Maceda.

 

Programa

11.30 h. SANTUARIO DOS MILAGRES. MONTE MEDO.

Concentración na hospedería do santuario mariano. Intervirá Bieito Seara, amigo.

12.00 h. BAÑOS DE MOLGAS

Lugar de concentración na Ponte Romana. Intervirá Xaime Iglesias, alcalde do Concello de Baños de Molgas.

12.40 h. IGREXARIO DE ASADUR

Ofrenda floral no cemiterio co gallo do III cabodano. intervirá Luís Alfonso Vázquez, médico.

13.30 h. BIBLIOTECA FRANCISCO CARBALLO DE MACEDA.

Proxección do vídeo "Francisco Carballo, sempre no corazón" de Xan Carballa. lntervirá Paco Nóvoa, fillo predilecto de Maceda.

14.30 h. COMIDA DE CONFRATERNIDADE

Hotel Monumento Castelo de Maceda.

Teléfono reservas: 619127624