Print this page

Un roteiro pola Coruña lembrará os pasos das Irmandades da Fala

Rate this item
(1 Vote)

A Asociación Gentalha do Pichel, coa colaboración da Agrupaçom Cultural O Facho e do Centro Social Gomes Gaioso organizan para este domingo 15 de xaneiro un roteiro pola Coruña visitando os mais emblemáticos lugares das Irmandades da Fala.

O roteiro proposto pretende redescubrir aqueles lugares significativos para a actividade da propia Irmandade, así como para os seus protagonistas. Visitaranse lugares como o Café Vecchio onde se localiza un coñecido mural obra de Urbano Lugris e lugares como a rúa Real ou a praza de María Pita. Xulio Cuba actuará como Cicerone acompañando o roteiro e indicando todo tipo de datos e pormenores históricos.

Para rematar haberá un xantar de irmandade nun mesón situado no mesmo lugar en que a familia de Ánxel Casal tivo unha fonda.

Dende a organización avisan que é preciso que os interesados en acudir ao xantar fagan a súa reserva poñéndose en contacto coa Gentalha do Pichel no enderezo electrónico gentalha[arroba]agal-gz.org ou no teléfono 696 026 002.

 

Facho de Ouro a D. Francisco Carballo Carballo

Se a finais do pasado ano a Agrupaçom Cultural O Facho anunciaba a entrega do Facho de Ouro ao historiador Francisco Carballo Carballo o acto cívico de entrega celebrarase o sábado 28 de xaneiro ás 19,00 h. no Salón de Actos da Real Academia Galega (R/ Tabernas, 11) da Coruña. De seguido, ás 21,00 h., o homenaxeado será acompañado a unha cea que se celebrará no Hotel Riazor.

As persoas que queiran acompañar neste día a Francisco Carballo Carballo na cea poden facer a súa reserva nos teléfonos 981.269.663-(seráns)-698.147.851 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.