Print this page

Un relato de Fernández Paz no volume Best European Fiction 2012

Rate this item
(1 Vote)

Ven de publicarse o libro Best European Fiction 2012, onde aparece o relato This Strange Lucidity, de Agustín Fernández Paz, pertencente ao libro O único que queda é o amor.

Agustín Fernández Paz é o primeiro autor galego en ser incluído na antoloxía Best European Fiction 2012, que edita a editorial Dalkey Archive Press e onde compartirá volume con outros escritores europeos como Hilary Mantel, Jean-Philippe Toussaint, Ingo Schulze, George Konrad, Victor Pelevin, ou Enrique Vila-Matas.

Fernández Paz forma parte da antoloxía, que é responsabilidade de Aleksandar Hemon, co relato Esta estraña lucidez, traducido ao inglés por Jonathan Dunne. A antoloxía publícase cunha tira de 15.000 exemplares e para o tradutor Esta estraña lucidez é formalmente máis anovador que outros relatos do conxunto, porque a voz narradora é o fantasma dun can.

Máis información: