Print this page

Un paseo ilustrado, resumo da traxectoria de Óscar Villán e David Pintor

Rate this item
(1 Vote)

Dous dos nosos ilustradores máis importantes, Óscar Villán e David Pintor, presentarán este xoves 27 de outubro na Biblioteca Nodal 'Miguel González Garcés' da Coruña a mostra Un paseo ilustrado, unha escolma dos seus traballos nos últimos anos no eido da ilustración, ben sexa en editoriais, revistas ou mostras itinerantes. 

Os autores convídannos a dar un paseo polo seu persoal mundo cheo de fantasía, lirismo e imaxinación. Despois de moitos anos de traxectoria profesional, quixeron traducir a súa amizade nunha exposición conxunta na que se establece un diálogo entre dúas maneiras de entender a ilustración.

A inauguración, que terá lugar ás 20.00 h. na planta baixa da biblioteca, contará coa presenza dos dous debuxantes.