Print this page

Un encontro estudará as facetas xornalísticas de Curros Enríquez e de C.E. Ferreiro

Rate this item
(1 Vote)

Tomando como referencia a poliédrica faceta xornalística de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, os días 17 e 18 de marzo terá lugar en Celanova o I Encontro de Xornalismo “Onde o mundo se chama Celanova”. Esta actividades está organizada pola Fundación Curros Enríquez coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, así como a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, o Centro Pen de Galicia, a Televisión de Galicia e a Real Academia Galega. O obxectivo deste encontro é promover a organización dunhas xornadas de convivencia de alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación en Celanova, co fin de que poidan coñecer tamén os espazos vitais que conformaron a personalidade tanto de Curros Enríquez como de Celso Emilio Ferreiro e con tal motivo celebrar unha serie de conferencias dirixidas tamén ó público en xeral, que terá oportunidade de descubrir dúas das facetas de escritores menos identificadas cos poetas de Celanova.

Organízase, este ciclo, durante unha fin de semana (sábado e domingo) co formato propio dun ciclo de conferencias sobre temas específicos do xornalismo, pero coa particularidade de que contan previamente cunha charla introdutoria que ofrecerá algúns apuntamentos biográficos de Curros Enríquez ou de Celso Emilio Ferreiro na área xornalística que se vai tratar, seguido dun conferenciante que abordará xa polo miúdo esa faceta xornalística dende unha perspectiva do momento social e político actual que vivimos.

O encontro contará coa presencia de destacadas figuras do xornalismo actual galego como o reporteiro Miguel Anxo Murado, Luís Menéndez (que realizou un documental para a TVG sobre Celso Emilio Ferreiro) e nx0woé Rodil, da TVG, ou Rafael Cid, de TVE, así como cos escritores Luís González Tosar e Xosé Luís Méndez Ferrín, e enmárcase dentro dos actos de celebración do Ano de Celso Emilio Ferreiro.