Print this page

Un curso analizará o papel das autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega

Rate this item
(0 votes)

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela acollen o curso Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da AELG e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O presente curso, que terá lugar os días 16 e 17 de novembro, ofrécese como resultado do Seminario realizado por investigadores do marco ibérico e ten como finalidade formar e informar sobre as mulleres como axentes literarias na LIX galega. O obxectivo é que as protagonistas falen da súa propia traxectoria para visibilizar o labor das mulleres e que os mediadores (dende a docencia, a familia, a lexislación, a edición, a biblioteca) estean informados e traballen en cuestións de xénero a partir da visibilidade da Literatura Infantil e Xuvenil, xa que esta reflicte todos os avatares polos que pasaron as mulleres. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos plans de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e a comprensión lectora e escrita.

O curso está dirixido por Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig Rechou e contará cos relatorios de especialistas como Carmen Franco, Marta Neira, Eulalia Agrelo, Anxela Gracián, Estella Freire, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Fina Casalderrey ou Isabel Mociño, entre outras.

A matrícula pode realizarse ata o 16 de novembro de 2018, con prezo de 25€ a ingresar nun único prazo en Banco Santander (ES40-0049-2584-9022-1400-2210), con concepto Seminario e curso de Formación: Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega. Ten una carga docente de 10 horas.

Máis información: