Print this page

Un congreso en Pontevedra revisará a produción poética dos últimos 40 anos

Rate this item
(0 votes)

Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía que a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) está a preparar, coa finalidade de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos.

O Congreso, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra nos 6 e 7 de outubro, ten como obxectivo facer un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que fai máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan diversas perspectivas sobre ela, como un punto de encontro onde reflexionar serena e abertamente arredor das experiencias vinculadas ao feito poético.

Ao longo dos dous días do congreso, celebraranse seis mesas redondas, abertas á interacción co público asistente:

Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016. Coordinadora: Marta Dacosta.

Teatro e outras formas de comunicación do poético. Coordinador: Afonso Becerra.

Interaccións poéticas: ensino, lingua, ciencia. Coordinadora: Mercedes Queixas.

Traducións e diálogos con outros sistemas poéticos. Coordinador: Ramiro Torres.

40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.

Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coordinador: Carlos Negro.

Adicionalmente, haberá tamén un recital poético o venres 6 de outubro, a partir das 21.15 h., no Espazo Multidisciplinar Nemonon.

A asistencia ao Congreso para o público interesado é libre e de balde, mais dende a organización pídese que, preferiblemente (non é obrigatorio) fagan a inscrición previa, a efectos organizativos, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben no teléfono 981133233 (neste caso, en horario de 09.30 h. a 14.00 h., de luns a venres).

 

Programa

Venres 6 de outubro. Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n)

16.00 h. Recepción dos/as congresistas.

16.15 h. Inauguración do Congreso, coa presenza do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a Concelleira de Cultura, Carme Fouces.

16.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 1. Nós tamén navegar, a poesía galega de 1976 a 2016Coordinadora: Marta Dacosta.

Relatoras: Helena VillarRosa Enríquez e Yolanda Castaño.

18.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 2. Teatro e outras formas de comunicación do poético (oralidade, popular, etc.)Coordinador: Afonso Becerra.

Relatoras/es: Miguel SandeAntonio Reigosa e Silvia Penas.

21.15 h. Recital de poesía e música . No Espazo Multidisciplinar Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11).

Coa participación de Rosalía Fernández RialXulio López ValcárcelAntón LopoMaría do CebreiroBaldo RamosAna RomaníDaniel SalgadoSusana Sánchez ArinsDores Tembrás e Vítor Vaqueiro, xunto á música ao vivo de César Morán. Presentado por Lucía Novas.

Sábado 7 de outubro. Pazo da Cultura de Pontevedra.

10.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 3. Interaccións poéticas: ensino, lingua, cienciaCoordinadora: Mercedes Queixas.

Relatoras/es: Ramón CarideRamón Nicolás e Estíbaliz Espinosa.

12.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 4. Traducións e diálogos con outros sistemas poéticosCoordinador: Ramiro Torres.

Relatoras/es: María ReimóndezRaúl Gómez PatoTiago Alves Costa (Lusofonia).

16.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 5. 40 anos de poesía aos ollos da crítica. Coordinadora: Chus Nogueira.

Relatoras/es: Vicente AraguasTeresa Seara e Mario Regueira.

18.30 h. Mesa redonda (grupo de traballo) 6. Innovación poética, trans-xénero, novas modalidadesCoordinador: Carlos Negro.

Relatoras/es: Fran AlonsoAntía Otero e Celia Parra Díaz.