Print this page

Un ciclo de conferencias abordará a figura do trobador Johán de Cangas

Rate this item
(1 Vote)

Amigo, se mi gran ben queredes,

id’ a San Momed’ e veer m’ edes;

oje non mi mençades, amigo!

 

O concello de Cangas, coa colaboración da Consellería de Cultura do goberno de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Cívico-Cultural Xiria, organiza un ciclo de conferencias dedicado ao trobador Johán de Cangas e ao seu tempo. Será un total de seis conferencias que se desenvolverán entre o 9 de maio e o 8 de xuño. Deste xeito, a xornada inaugural terá lugar este mércores cunha conferencia a cargo de Xerardo Dasairas -historiador local da vila de Cangas- titulada: "Arredor de Johan de Cangas: lugares e identidade”.

O día 16 de maio Anselmo López Carreira intevirá coa palestra “A sociedade galega nos tempos de Johan de Cangas”. O 23 de maio será a quenda do escritor e historiador Xosé Ramón Pena, quen falará sobre "Johan de Cangas e as cantigas de romaría/santuario".

Para rematar o mes de maio Sara Martínez Costas e David Chao intervirán o días 30 con “A paisaxe monumental de Johan de Cangas: antropoloxía e arte no Morrazo medieval”.

Xa nos mes de xuño, o día 6, Mercedes Brea, da Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá a conferencia “As cantigas do mar”.

O ciclo de conferencias Johan de Cangas e o seu tempo rematará o día 8 de xuño coa conferencia de clausura, a cargo de Pilar Lorenzo Gradín, sobre “Johan de Cangas, o xograr das ‘ribeiras’ do Morrazo”.

Todas as conferencias terán lugar ás 19.30 h. no No Salón de Plenos do Concello de Cangas. A asistencia ás mesmas é de balde.

Johan de Cangas foi un trobador galego do século XIV, probablemente procedente da zona do Morrazo. Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1998 xunto a Martín Codax e Meendinho.

Máis información: