Algunhas das cabeceiras históricas da prensa galega recompílanse no blog http://publicacionsgalegas.blogspot.com/. Segundo podemos ler por parte da administración, "Hoxe en día a rede é a principal fonte de información para moitos de nós, non obstante, por moito que un busque, non atopa moitas cousas que deberían estar na rede dende hai ben tempo, entre estas cousas, atópase a Revista Nós, ou os xornais A Nosa Terra ou A Fouce. Sorprende que non se poida consultar esta excepcional revista, exceptuando algún artigo en concreto, con todo o que supuxo para a nosa cultura."
Polo de agora,son a revista Nós, A Fouce, A Nosa Terra, Terra e Guieiro as revistas que se poden consultar e descargar dende http://publicacionsgalegas.blogspot.com/