Un recital poético e un xantar no Parador lembrarán os actos do 120 aniversario dos Xogos Florais da cidade de Tui, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 onde o presidente da Asemblea Rexionalista Galega, Manuel Murguía, dirixiuse por vez primeira ao público en galego. Esta data está marcada como un dos fitos de exaltación da lingua galega e do galeguismo.
Tui conmemorará este acontecemento na igrexa de Santo Domingo e no Parador, onde se servirá un menú igual ao que degustaron aquel día de 1891.
O recital poético será hoxe a partires das 20.30 h. na igrexa de Santo Domingo e contará coa participación dos poetas Alfonso Pexegueiro e Marga do Val. A música correrá a cargo do grupo local Fofinski&The Chinas.
Mañá terá lugar o menú, que como hai 120 anos degustaranse Raxo con cogordos, Pavo salteado ou Pastel de pichós, entre outras viandas. Será ás 22.00 h. e terá un prezo de 39 euros. As reservas denerán de se facer no teléfono 986 600300 o no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..