Print this page

Tui celebra os 50 anos da súa biblioteca pública

Rate this item
(0 votes)

A Biblioteca Pública Municipal de Tui cumpre 50 anos de actividade en Tui. As súas primeiras instalacións estiveron na Casa do Concello e dende 2003 conta con 400 m2 na Área Panorámica. Para celebrar este medio século de vida, celebrarase un completo programa de actividades conmemorativo deste aniversario, que se desenvolverá até o 24 de outubro, cando precisamente se celebra o Día da Biblioteca.

A Biblioteca Pública de Tui conta arestora con 65 postos de lectura para adultos, e 24 na sala infantil, 6 ordenadores, acceso wifi libre e gratuíto, consulta de xornais e revistas, libros electrónicos... Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, apunta que “seguiremos facendo melloras nestas instalacións, porque para nós é fundamental, as bibliotecas teñen que estar a carón da cidadanía, e teñen que medrar coa sociedade”.

O programa de actividades para conmemorar este 50 aniversario está estruturado en tres liñas. A primeira delas son actividades para rapaces e adolescentes dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, no que haberá un obradoiro de Contacontos, contacontos ilustrados, contos para pasalo de medo e contos para bebés. A segunda liña son actividades para público en xeral nas que se inclúe a coa presentación dos libros Historia militar de Tui a través de los siglos e Muíños do concello de Tui, de Ernesto Iglesias Almeida; a presentación do libro Memorias dun pobo, Santiago de Malvas de Raimundo Martínez, e a exposición Camiño do Humor de Dávila que no mes de outubro se poderá visitar na Sala de Exposicións Municipal. 

A terceira liña xirará entorno ao Día da Biblioteca, o 24 de outubro. Así haberá o martes 20 un encontro con escritores tudense e valencianos no que está xa confirmada a presenza de Marga do Val, Conchi Regueiro e Diego Alfonsín, pendente de sumar unha escritora valenciana. O mércores 21 no Teatro Municipal haberá un encontro con Paula Carballeira, escritora e animadora á lectura. O xoves 22 Raquel Queizás achegará o contacontos Travesías, e o venres 23 terá lugar unha xornada entre bibliotecas municipais de Galicia e do Norte de Portugal, onde porán en presentarán as actividades de animación á lectura, entre elas os dez anos do programa “Tui Le”. Na mesma xornada terá lugar unha ruta literaria por Tui. A actividade pecharase o sábado 24, Día da Biblioteca, coa entrega dos recoñecementos ao lectores da biblioteca tudense. 

Todas as actividade teñen aforo limitado e precisan inscrición previa na propia Biblioteca ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información: