Print this page

Troca-Libros por lecer

Rate this item
(1 Vote)

O Clube de Lectura Abastos do Porriño, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestrar a través da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dentro do Programa Iniciativa Xoven, organiza Troca-Libro por lecer, onde o obxectivo central é o libre troco de libros. A idea é que todos os participantes acheguen aquel ou aqueles libros que non queiran para trocalos por outro/s libro/s que acheguen os/as demais asistentes e poidan interesar.

O programa, que terá lugar este sábado 3 de setembro na Praza do Concello de Salceda de Caselas dende as 11.00 h. ata as 20.00 h., contará con varias actividades:

- Un recuncho do lector onde ler ao público un anaco da túa obra literaria favorita.

- Un taboleiro de recordos onde podes deixar un recordo evocador.

- Dous obradoiros de microrelatos (ás 12.00 h. e ás 17.00 h.)

- O contacontos Andreu Chapeu (Ás 18.00 h.).

Ademais, os microrelatos resultantes da creatividade dos/as asistentes aos obradoiros, serán publicados nun Blog creado específicamente para este evento (http://trocalibro.blogspot.com)

E como peche do día, unha solta de libros por diferentes rúas e recunchos da vila e arredores coa finalidade de que sexan lidos libremente por aquelas persoas que os atopen. Só unha condición: unha vez lidos deben ser ceibados novamente.