Print this page

Tres novos roteiros para coñecer a Pontevedra Literaria da man dos seus autores

Rate this item
(0 votes)

A AELG, coa colaboración do concello de Pontevedra, organiza unha nova edición de Os Paseos pola Pontevedra literaria, e ven de presentar os roteiros que se desenvolverán entre os meses de maio e xuño.

Estas actividades, de balde, precisan de inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 21 de maio. A inscrición por orde de chegada ao correo electrónico.

As prazas son limitadas: 50 persoas.

Todos os paseos con partida ás 11.30 h.

Programa

Sábado 26 de maio. Cegoñas no fondo da ría, con Manuel Lourenzo González.

Sábado 9 de xuño. Polos camiños do Triángulo inscrito na circunferencia, con Víctor Freixanes.

Sábado 23 de xuño. Josefina Arruti: tras a pegada das que quedaron, con Montse Fajardo.