Print this page

Tomiño réndelle homenaxe ao seu Fillo Predilecto Xosé Luís Franco Grande

Rate this item
(1 Vote)

O Concello de Tomiño honrará mañá sábado 14 de xaneiro ás 12.00 h. no auditorio de Goián a senlleira traxectoria cultural do Fillo Predilecto de Tomiño, Xose Luis Franco Grande. Con este acto o goberno local tomiñés recoñece o importante papel deste intelectual no mundo cultural galego e a difusión da súa terra sempre presente, Tebra.

Xose Luis Franco Grande naceu en Tebra no 1936. A súa infancia en terras tomiñesas fomenta a que a posteriori será a súa pegada do rural na súa obra. Franco Grande pertence a Xeración Galaxia, a ese grupo de mozos e mozas forxados xa na universidade compostelá que continúa a labor da Xeración Nós regalegalizando a cultura do país, amais o tomiñés destacará no plano literario con obras como o libro de poemas Entre o si e o non e como dinamizador cultural e político dende a revista Grial e a Revista de Economía de Galicia.

Todos os veciños e veciñas de Tomiño e galegos en xeral que queiran rendirlle unha homenaxe estarán convidados. Á cita acudirán numerosos nomes coñecidos como Xose Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Teresa Conde-Pumpido, presidenta do Consello Consultivo de Galicia; Luis Manuel García Mañá, xefe superior da Policía de Galicia; Carlos Varela García, fiscal Superior de Galicia; Xose Manuel Beiras, político; e membros da fundación Penzol, do Museo do Pobo Galego, da IGADI, ...