Print this page

Teresa González Costa faise co I Premio MOME de Teatro

Rate this item
(2 votes)

A autora teatral Teresa González Costa ven de gañar a primeira edición do premio MOME de Teatro convocado polo Museo do Moble de A Estrada.

O xurado, conformado por Xosé Luna, Carlos Loureiro e Valentín García, outorgou o premio á obra de González Costa, titulada Madeira de gañador. No seu veredito, o xurado destacou a calidade literaria da obra da autora grovense, así como o xogo escénico e a cohesión da obra dramática que amosa unha voz anovadora. Aínda por determinar a editorial que publicará o texto, está confirmado que Madeira de gañadorverá en vindeiras datas a súa plasmación en papel.

Teresa González Costa é licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acadou no 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009). En 2010 obtén o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil con A filla do ladrón de bicicletas (Xerais 2010).