Print this page

Small Stations Press publica a tradución ao inglés de Xente de aquí e de acolá

Rate this item
(0 votes)

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; e o tradutor e codirector da editorial Small Stations Press, Jonathan Dunne, presentaron na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a publicación Folks from here and there, tradución ao inglés da obra Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro.

No seu discurso, o conselleiro de Cultura e Turismo destacou que Folks from here and there, da editorial Small Stations Press e traducido pola profesora Kathleen March, "supón o primeiro libro de Cunqueiro editado en inglés nos últimos quince anos". O conselleiro agradeceu a Kathleen March, primeira presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, o seu traballo para "verter ao inglés a prosa única do autor mindoniense, nun acto que constitúe un novo chanzo na reivindicación da súa universalidade". Engadiu que, cen anos despois, "a fascinación pola obra de Cunqueiro non ten minguado; ao contrario, a súa perenne orixinalidade garántelle un posto entre os escritores máis anovadores do século XX".